Itziar Martínez López, nada en Maracena (provincia de Granada) o 10 de xaneiro de 1998, é unha xogadora de balonmán española. Xoga de lateral no CB Atlético Guardés. Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Balonmano Maracena. Xogou en División de Honor Prata co Universidad de Granada, onde estudou Pedagoxía. En 2020 fichou polo Club Balonmano Bolaños, da vila de Bolaños de Calatrava, tamén de División de Honor Prata. Na primeira temporada no club manchego anotou 129 goles en 26 partidos, Na segunda tempada apenas xogou por mor dunha lesión no xeonllo esquerdo. O equipo acadou ascenso, e na súa primeira tempada na División de Honor Ouro meteu 98 goles.
En 2023 fichou polo CB Atlético Guardés, da Liga española de balonmán feminina.
Notas
Categoría:Nados na provincia de Granada Categoría:Nados en 1998 Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Xogadores do Atlético Guardés