José Luis Santaló Rodríguez de Viguri, nado en Caldas de Reis o 18 de abril de 1909 e finado no mesmo concello o 4 de xuño de 1979, foi un avogado, historiador e escritor galego.
Traxectoria
Fillo de José Santaló Rodríguez e Valentina Rodríguez de Viguri, e sobriño neto de José Rodríguez Seoane. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese de doutoramento trataba sobre os estados pontificios. Avogado do corpo militar, chegou a tenente auditor. Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1926 e colaborou en Nós. Pertenceu a Acción Católica de Santiago de Compostela. Na ditadura franquista foi Xurídico do Alto Tribunal de Xustiza Militar. Abriu un bufete en Santiago e foi profesor da USC. Finou en Caldas de Reis o 4 de xuño de 1979. Necrolóxica en ABC, 5-6-1979, p. 107.
Obras
Los Estados de la Iglesia y su transformación política, 1934. Introducción a la política del Imperio nuevo, 1938. Manual de Derecho Político Español, 1939. Teoría de la sociedad, 1948.
Historia del constitucionalismo español, 1966.
Don José Solano y Bote, primer Marqués del Socorro Capitán General de la Armada, 1973.
No a una Constitución atea y antiespañola, 1978.«No a una Constitución atea y antiespañola», de José Luis Santaló
Los caballeros de la orden de Santiago en el siglo XX, 1979 (con Luis Alfonso Vidal y de Barnola). Vida persoal Casou en Valladolid con María Isabel de Solano Pereda-Vivanco, filla dos marqueses de la Solana, en 1939.El Correo Gallego, 17-5-1939, p. 4.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sumarísimos e tantas outras historias
Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Avogados de Galicia
Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos
Categoría:Nados en Caldas de Reis
Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1979