A semellanza é unha novela de María Xosé Queizán en lingua galega, publicada en 1988. É unha obra pioneira á hora de abordar a diferenza entre sexualidade e sexo e a temática trans​, escrita desde unha óptica feminista e lesbiana.​​ Argumento Ambientada na década de 1980, a obra narra o periplo vital dun mozo nacido nunha familia burguesa de Lugo na procura da súa identidade persoal e sexual, e retrata nas súas páxinas a liberdade da experimentación sexual con perspectiva de xénero.

Na obra deféndese que os órganos sexuais masculinos ou femininos dunha persoa non marcan un modo concreto de comportarse. Manter relacións sexuais con homes ou con mulleres é máis unha cuestión de atracción que de órganos sexuais​, afirmando unha posición non binaria da realidade​.

Personaxes

Juanjo, un mozo de boa familia luguesa, que pasa de vivir unha vida impostada de casado a explorar a súa identidade primeiro como home homosexual ata pasar pola transexualidade e o lesbianismo.​.

Temáticas Nesta obra afóndase no sentido metafórico da busca da igual, do amor pola igual, presente habitualmente nas teorías gais e lesbianas.

Influencias A semellanza ten conexión coas reflexións de Judith Butler sobre a performatividade do xénero, e tamén coa idea filosófica da busca da semellanza, con ecos freudianos e lacanianos.

Hai tamén un xogo intertextual entre esta novela e a novela negra Un cadáver desconcertante (traducida ao galego por Dolores Miloro para Cumio) do escritor catalán Josep M. Palau i Camps.​

Obras posteriores a A semellanza, como Benquerida catástrofe de Teresa Moure ou as obras de Antón Lopo e Xavier Queipo, non poden entenderse sen esta.

Edicións e traducións A semellanza tivo varias edicións (1992​, 1995​) e traduciuse ao inglés (1999)​ e ao castelán (2019).

Notas

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 1988 Categoría:Literatura LGBT