Enrique Macías Virgós, nado en Vigo o 23 de xaneiro de 1956, é un matemático galego, catedrático de Xeometría e Topoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria Foi subdirector do Colexio Universitario de Lugo (1986) e primeiro director da Residencia Universitaria "Monte da Condesa" (1990).

Entre outros cargos na Universidade de Santiago ten sido decano da Facultade de Matemáticas (1994-2001) e director do Departamento de Xeometría e Topoloxía, e despois do Departamento de Matemáticas (2011-2020).

Participou na creación da Biblioteca Dixital Europea de Matemáticas.

Foi coordinador da Red Española de Topología (2010) e vicepresidente da Real Sociedade Matemática Española (2006).

Publicacións destacadas recentes E. Macías-Virgós, A. O. Majadas-Moure, D. Mosquera-Lois e J. A. Vilches, "Morse-Bott inequalities for endomorphisms", aceptado en Rev. R. Acad. Cienc. Exactas Fís. Nat. Ser. A Mat. RACSAM, 2026. E. Macías-Virgós, M. J. Pereira Sáez e I. Simón García, "Higher Social choice", Mediterranean J. Maths. 22(31), 1–19, 2025. . D. Fernández-Ternero, E. Macías-Virgós, D. Mosquera-Lois, N. A. Scoville e J. A. Vilches, "Fundamental theorems of Morse Theory on posets", AIMS Mathematics 7(8), 14922–14945, 2022. . E. Macías-Virgós e D. Mosquera-Lois, "Homotopic distance between maps", Math. Proc. Cambridge Philos. Soc. 172(1), 73–93, 2022. . D. Fernández-Ternero, J. M. García-Calcines, E. Macías-Virgós e J. A. Vilches, "Simplicial fibrations", Rev. R. Acad. Cienc. Exactas Fís. Nat. Ser. A Mat. RACSAM 115(2), artigo 54, 25 páxinas, 2021. . E. Macías-Virgós e P. L. Martín, "Non-unimodular transversely homogeneous foliations", Ann. Inst. Fourier Grenoble 71(2), 849–887, 2021. .

Posturas Enrique Macías escribiu unha carta ao director de La Voz de Galicia apoiando a plataforma En defensa do mestrado de Matemáticas da USC na que afirma que a decisión de non outorgar a singularidade ao máster en matemáticas da USC se interpreta no sentido de que as matemáticas non importan e que ignora o valor estratéxico das matemáticas puras, que son a base da educación STEM e un eixo transversal de toda ciencia.

Notas

Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Vigo