Xanthoparmelia conspersa é un lique folioso e a especie tipo do xénero Xanthoparmelia. Está amplamente distribuído en zonas temperadas e foi rexistrado no Xapón, Europa, África, América do Norte e América do Sur.
Taxonomía O liquen foi descrito por primeira vez co nome de Lichen conspersus en 1799 polo liquenólogo Erik Acharius. Na súa historia taxonómica, foi transferido aos xéneros Imbricaria, Lobaria e Parmelia. Pasou a coñecerse como unha especie de Xanthoparmelia cando Mason Hale promoveu ese subxénero de Parmelia ao status xenérico en 1974.
Descrición A Xanthoparmelia conspersa ten un talo que está forte ou laxamente unido ao seu substrato. O talo, que mide 4-12 cm, está formado por lóbulos estreitos que miden de 1 a 3 mm de ancho, que están amontoados e adoitan solaparse. A superficie superior do talo adoita presentar isidias que varían en forma desde esféricas ata cilindros ramificados. A superficie inferior do talo é negra, agás preto das puntas dos lóbulos, onde pode ser de cor entre pálida e marrón escura. As rizinas son grosas, negras e simples (é dicir, non ramificadas), cunha lonxitude de 0,5–1 mm. As ascosporas miden de 5 a 6 por 9 a 10 μm.
Algúns metabolitos secundarios que se atopan en Xanthoparmelia conspersa inclúen o ácido úsnico, o ácido hiposalazínico, o ácido estético e o ácido norstético.}}
Hábitat e distribución A Xanthoparmelia conspersa medra en rochas (en rochas silíceas, especialmente granito) e atópase normalmente en hábitats soleados. Foi rexistrada en Asia (Xapón), Europa, África, América do Norte e América do Sur.
Notas
Categoría:Liques Categoría:Fungos de Galicia