Elisabeth S. Vrba, nada en Hamburgo o 27 de maio de 1942 e finada en New Haven (Connecticut) o 5 de febreiro de 2025, foi unha paleontóloga estadounidense da Universidade Yale que desenvolveu a hipótese do pulso de renovación.
Traxectoria Vrba naceu en Hamburgo, Alemaña. En 1944, despois da morte de seu pai, mudouse coa súa familia a unha granxa ovina en Namibia. Obtivo o seu doutoramento en zooloxía e paleontoloxía na Universidade de Cidade do Cabo, en 1974. Estudou zooloxía e estatística matemática na Universidade de Cidade do Cabo, na que se graduou. Permaneceu alí para realizar os seus estudos de doutoramento en zooloxía e paleontoloxía e alí obtivo o seu título de doutora. Despois de obter o seu doutoramento, levou a cabo a súa investigación inicial sobre o rexistro fósil dos mamíferos africanos dos últimos millóns de anos, seguindo as secuencias de fósiles mediante a análise da súa morfoloxía e dos estratos xeolóxicos. Era a axudante en xefe de Charles Kimberlin Brain mentres foi director do Museo Transvaal.
Vrba foi nomeada profesora do Departamento de Xeoloxía e Xeofísica da Universidade Yale en 1986 e xubilouse en 2014. É ben coñecida por desenvolver a hipótese dos pulsos de renovación así como por acuñar o termo exaptación xunto con Stephen Jay Gould. O seu interese específico estaba na familia Bovidae (antílopes, etc.), mais os seus discípulos estudaron un largo abano de especies. Vrba morreu en New Haven, Connecticut, o 5 de febreiro de 2025 á idade de 82 anos.
Contribucións científicas Vrba e o seu colega Stephen Jay Gould son coñecidos por propor o termo exaptación. A investigación de Vrba e Gould suxeriu que a orixe histórica dun trazo xenético ou morfolóxico non reflicte sempre a súa función contemporánea —xénese e función actual non sempre van emparellados. As adaptacións xenéticas ou morfolóxicas poden asumir novas funcións e pódenlle servir a unha especie para un propósito diferente na súa evolución futura. Gould Morreu en 2002, mais o novo termo foi largamente citado na literatura de divulgación científica nos anos posteriores. Porén, o concepto de exaptación foi tamén criticado nos últimos anos por estudosos que afirman que os trazos xenéticos son influídos por múltiplos factores, facendo difícil distinguir adaptación e exaptación.
Vrba formulou tamén a hipótese do pulso de renovación, unha adición significativa á teoría macroevolutiva.
Publicacións seleccionadas
Gould, S. J. and E. S. Vrba. (1982). "Exaptation—a missing term in the science of form." Paleobiology 8: 4-15. Katherine MacInnes. "Evolving Vocabulary: the rise and fall of 'exaptation'" International Innovation, September 18, 2015, https://web.archive.org/web/20160825224345/http://www.internationalinnovation.com/evolving-vocabulary-the-rise-and-fall-of-exaptation/. Lewis, R. "Surveying the Genomic Landscape of Modern Mammals," DNA Science Blog, January 29, 2015. http://blogs.plos.org/dnascience/2015/01/29/probing-genomic-landscape-modern-mammals/. Michael Garfield. "Exaptation of the Guitar" Guitar International, September 17, 2010, https://web.archive.org/web/20130622042448/http://guitarinternational.com/2010/09/17/exaptation-of-the-guitar/. Rozzi, Roberto. "Elisabeth Vrba | TrowelBlazers." trowelblazers.com. 2014. Accessed October 17, 2015. http://trowelblazers.com/elisabeth-vrba/. Shapiro, J. "More Evidence on the Real Nature of Evolutionary DNA Change," Huffington Post, The Blog, June 1, 2012. http://www.huffingtonpost.com/james-a-shapiro/more-evidence-on-the-real_b_1158228.html. Shell, E. R. (1999). "Waves of Creation." Discover 14 (May): 54-61. Vrba, E. S. and Gould, S. J. (1986). "The hierarchical expansion of sorting and selection." Paleobiology. 12 (2): 217-228. Vrba, E. S. (1993). "The Pulse That Produced Us." Natural History 102 (5) 47-51.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Cidade do Cabo Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Paleontólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en New Haven, Connecticut