miniatura|Bulevar de Montparnasse, en París. En urbanismo, un bulevarGonzález González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> é un tipo de avenida de dobre sentido, larga e arbolada. Diferénciase da avenida en que o bulevar posúe un paseo que divide os carrís pola metade, polo xeral arbolado. A palabra provén da adaptación ao galego do termo boulevard francés, e esta do holandés Bolwerk, "bastión", "baluarte" ou "defensa". As súas abreviaturas son: blvr, blvd ou bv.

Historia Historicamente, un bulevar é unha vía de comunicación baseada en antigas defensas, xa que a palabra provén do holandés bolwerk, bastión. Permitiría, polo tanto, rodear unha cidade por fóra como un cinto periférico. O bulevar é unha vía xeralmente importante con amplas avenidas peonís nos seus laterais ou no seu centro. A súa orixe sitúase nos camiños que se colocaban arredor das fortalezas defensivas das cidades. Cando os muros foron derrubados nos séculos XVII e XVIII, estas avenidas conserváronse como parte da rede de circulación urbana, formando en xeral unha primeira circunvalación ampla. A súa orixe provén das cidades medievais de Europa Occidental.

Os máis coñecidos son os bulevares de París, a gran maioría froito de intervencións urbanísticas no século XIX por iniciativa do barón Haussmann (Transformacións de París durante el Segundo Imperio). No urbanismo moderno e actual, os bulevares constitúen un eixo vertebrador da cidade que xorden como prolongación dos xa existentes ou como novas vías, con moitas cidades completamente atravesadas por elas, converténdose nas concurridas entradas e saídas das grandes cidades.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Avenida Circunvalación Centro histórico Categoría:Elementos de composición urbana