Imigrante é unha cidade do Río Grande do Sur situada no sur do Brasil, situada na rexión do Val de Taquari do mesmo Estado. Foi establecido por inmigrantes alemáns e italianos. No municipio é cooficial unha variante lingüística do alemán brasileiro.
Toponimia O nome da cidade provén da abundante inmigración no lugar. Antes de se converter nun concello independente, a zona que hoxe forma Imigrante estaba formada por dous distritos: Arroio da Seca e Daltro Filho, que pertencían a outros municípios e tiñan moita inmigración (predominantemente alemá e italiana, respectivamente). Dentro do município hai diversos topónimos de orixe alemá.
Imigrante é chamada tamén Terra do Cactos pola súa abundacia de cactos.
Demografía En 2022, a poboación era de 3.080 habitantes e a densidade de poboación era de 42,95 habitantes por quilómetro cadrado. En termos absolutos, é dos municipios menos poboados do Brasil (o 5031 de 5570). En comparación con outros municipios do Rio Grande do Sur, situouse no postos 355 en poboación e 128 en densidade, dun total de 497.
Xeografía A cidade está a 100 m sobre o nivel do mar. O seu clima é subtropical.
Economía A economía de Imigrante céntrase na industria metalúrxica.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Alemán brasileiro Inmigración
Ligazóns externas
Páxina web da cidade de inmigrantes
Categoría:Cidades do Río Grande do Sur