Anna-Kaisa Antti-Roiko, nada o 21 de maio de 2004 en Oulu (Finlandia) é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo que xoga como atacante. Na tempada 2024-25 o seu equipo eran as Kärpät de Oulu na Auroraliiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia.

Antti-Roiko xogou toda a súa carreira na máxima categoría vestindo a camisola das Kärpät, equipo co que debutou na categoría na tempada tempada 2019–20. Na tempada seguinte foi nomeada mellor debutante da liga. Na tempada 2021-22 conseguiu a medalla de bronce. En seis tempadas ten xogado 123 partidos de liga regular, nos que anotou 32 goles e repartiu 63 asistencias. Nos play-offs xogou un total de 24 partidos cun rexistro de 10 goles e 12 asistencias.

Antti-Roiko conseguiu a medalla de bronce no campionato do mundo sub-18 en 2022. En xullo dese mesmo ano debutou coa selección absoluta. A finais de abril de 2024 xogara 50 partidos coa selección absoluta de Finlandia, nos que rexistrou tres asistencias. Antti-Roiko disputou o campionato do mundo de 2023 e gañou a medalla de bronce no campionato do mundo de 2024 con Finlandia.

Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Oulu Categoría:Xogadoras das Kärpät Naiset