Daijiro Florencio Chirino, nado en Zwolle o 24 de xaneiro de 2002, é un futbolista neerlandés que xoga como defensa no Castellón, da Segunda División.
Traxectoria Naceu na cidade neerlandesa de Zwolle, nunha familia con orixes en Curaçao. Formado como futbolista nas canteiras do ZAC e do PEC Zwolle, debutou co primeiro equipo deste último na Eerste Divisie en agosto de 2022, nunha vitoria por 5-0 contra o SC Telstar. Marcou o seu primeiro gol o 4 de novembro de 2022, fronte ao TOP Oss.
O 31 de agosto de 2023 asinou co Castellón, da Primeira Federación española. Na súa primeira tempada disputou un total de 39 partidos, 31 deles como titular, contribuíndo ao ascenso do equipo á Segunda División tras proclamarse campión do seu grupo.
Selección nacional En xuño de 2023 foi convocado pola selección de Curaçao para unha serie de partidos amigables, aínda que non chegou a debutar.
Notas
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Overijssel Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Castellón