Ireneo Affò, nado en Busseto, provincia de Parma, o 10 de decembro de 1741 e finado na mesma cidade o 14 de maio de 1797, foi un historiador, escritor e numismático italiano do século XVIII."Affò, Ireneo". Sapere.it
Traxectoria
Primeiros anos e formación Affò naceu en 1741 en Busseto,Chalmers, A. (1812). un antigo feudo da familia Pallavicini no ducado de Piacenza próximo a Parma. Era fillo de Francesca dalle Donne e de Pietro Affò, e foi bautizado co nome de Davide.Ghidiglia Quintavalle, A. (1960).Luppi, C. (1890). Páxina 145.
Desde a súa infancia manifestou o seu interese pola poesía e o debuxo, e o seu pai enviouno a Soragna cunha familiar para estudar alí latín e cultura clásica. Aínda adolescente, continuou os seus estudos de literatura e filosofía en institucións públicas de Busseto.
Aos 17 anos deu a coñecer os seus primeiros poemas, de temática relixiosa, que lle valeron para ingresar na academia de Pastori Emonii, co pseudónimo de Enargo Assioteo.Luppi, C. (1890). Páxina 146.
Os seus poemas xuvenís reflectían a súa progresiva entrega ao culto relixioso e á moral. Coa oposición do seu pai, trasladouse a Boloña e alí foi acollido no convento da orde franciscana dos Frades Menores, que o enviaron novamente a Busseto para facer o noviciado, ata que con 20 anos pronunciou os seus votos e colleu o nome de Padre Ireneo. Continuou entón cos seus estudos de Filosofía, no Instituto de Parma, e de Teoloxía, no de Boloña, e aos vinte anos accedeu ao sacerdocio.
Traxectoria como erudito Logo da súa ordenación, Affò dedicou o seu tempo a investigar entre os códices, as crónicas e outros documentos depositados nas bibliotecas dos conventos da súa orde. Tamén reorganizou e compilou os catálogos de bibliotecas como a do seu convento en Busseto e outras en Boloña e en Ferrara.Luppi, C. (1890). Páxina 149.
Logo de optar infrutuosamente á cátedra de Filosofía en Parma, en 1768 esta cátedra ficou libre en Guastalla logo da saída dos Xesuítas, e Affò resultou elixido profesor. Durante a súa estadía en Guastalla reviviu a Accademia degli Inesperti ("Academia dos Inesperados") e levou a cabo varias investigacións e publicacións acerca da historia local e outros aspectos, sinaladamente as emisións de moedas, dado que Affò amosou moito interese polo estudo da numismática.
En setembro de 1781 partiu cara a Roma, onde recibiu unha audiencia especial do Papa Pío VI, o que lle serviu para acadar o máximo recoñecemento entre o ambiente intelectual, literario e científico da capital e para ser acollido como membro da Academia da Arcadia e da Academia do Oculto.Luppi, C. (1890). Páxinas 150-151. Así mesmo, a profundidade das obras que ía publicando nestes anos valeulle o seu nomeamento como membro correspondente da Academia de Belas Artes de Bolonia. Luppi, C. (1890). Páxina 151.
Affò fora nomeado en 1778 vicebibliotecario da Biblioteca Palatina de Parma, por proposta do daquela bibliotecario Paolo Maria Paciaudi, e o 17 de marzo de 1785 accedeu ao posto de bibliotecario titular, como sucesor de Paciaudi logo do pasamento deste. A este cargo sumáronselle despois o de historiador ducal e o de profesor honorario de Historia na Universidade de Parma.
En abril de 1797, regresou ao seu convento en Busseto na procura dun descanso e alí resultou contaxiado dunha infección no exercicio do seu ministerio a unha enferma moribunda, o que o conduciu á morte o 14 de maio de 1797, aos 55 anos. Luppi, C. (1890). Páxina 152.
Publicacións miniatura|Vita di monsignore Bernardino Baldi da Urbino, 1783.|339x339px Esta é unha escolma da ampla obra publicada por Ireneo Affò ao longo da súa traxectoria:
(1774). Antichita e Pregi della Chiese Guastallese. Ragionamento storico-critico. Stamperia Reale, Parma. (1775). Lettera [...] all'illustrissimo signor Niccola Parquez. Guastalla. (1777). Dizionario precettivo, critico, ed istorico della poesia volgare. F. Carmignani, Parma. (1777). De' cantici volgari di San Francesco d'Assisi. L. Allegri, Guastalla. (1777). Vita del beato Gioanni di Parma. Stamperia reale, Parma. (1779). Vita di Baldassare Molossi da Casalmaggiore detto Tranquillo, eccelento poeta latino. F. Carmignani, Parma. (1780). Vita del Cavaliere Bernardino Marliani, Mantovano. F. Carmignani, Parma. (1780). Vita di Luigi Gonzaga, detto Rodomonte, Principe del Sacro Romano Impero. F. Carmignani, Parma. (1780). Vita di Vespasiano Gonzaga, Duca di Sabbioneta and Trajetto, Marchese di Ostiano, Conte di Rodigo, Fondi, etc. F. Carmignani, Parma. (1781). Memorie di Taddeo Ugoleto Parmigiano, Bibliotecario di Mattia Corvino, rè di Ungheria. Stamperia reale, Parma. (1782). Delle zecche e monete di tutti i principi di casa Gonzaga che fuori di Mantova signoreggiarono. L. dalla Volpe, Boloña. (1783). Vita di Monsignore Bernardino Baldi da Urbino, primo abate di Guastalla. F. Carmignani, Parma. (1784). Vita del graziosissimo pittore Francesco Mazzola, detto il Parmigiano. F. Carmignani, Parma. (1784). Vita del beato Orlando de Medici, eremita: colla storia del culto già da quattro secoli prestatogli in Busseto ovvero riposa il venerabile suo corpo. Stamperia Reale, Parma. (1784). Compendio della vita della beata Stefana Quinzani dagli Orci Novi. Stamperia Reale, Parma. (1784). Memorie di Alberto e di Obizzo Sanvitali. Coleti, Venecia. (1785). Vita di Monsignor Giangirolamo Rossi, de Marchesi si San Secondo, vesvovo di Pavia. F. Carmignani, Parma. (1785-1787). Istoria della cittá e ducato di Guastalla. Tomo I (1785); Tomo II (1786); Tomo III (1787); Tomo IV (1787). S. Costa, Guastalla. (1786). Vita della Beata Orsolina da Parma. Stamperia Reale, Parma. (1787). Memorie istorico-critiche del beato Martino da Parma. F. Carmignani, Parma. (1788). La zecca e moneta parmigiana. F. Carmignani, Parma. (1788). Vita di San Bernardo degli Uberti. F. Carmignani, Parma. (1789-1793). Memorie degli scrittori e letterati parmigiani. Tomo I (1789); Tomo II (1789); Tomo III (1791); Tomo IV (1793). Stamperia Reale, Parma. (1790). Illustrazione di un antico piombo del museo borgiano di Velletri. F. Carmignani, Parma. (1791). Saggio di memorie su la tipografia parmense del secolo XV. Stamperia Reale, Parma. (1792-1795). Storia della città di Parma. Tomo I (1792); Tomo II (1793); Tomo III (1793); Tomo IV (1795). F. Carmignani, Parma. (1794). Ragionamento [...] sopra una stanza dipinta da celeberrimo Antonio Allegri. F. Carmignani, Parma. (1796). Il parmigiano servitor di piazza ovvero Dialoghi di Frombola. F. Carmignani, Parma. (1800). Memorie storiche di Colorno. Fratelli Gozzi, Parma. (1821). Vita di Pierluigi Farnese, primo duca di Parma, Piacenta e Guastalla. P. E. Giusti, Milán.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Chalmers, A. (1812). "Affò (Ireneus)". En General Biographical Dictionary. Vol. 1. J. Nichols, Londres. Páxina 211. Ghidiglia Quintavalle, A. (1960). "Affò, Ireneo". En Dizionario Biografico degli Italiani. Vol. 1. Istituto dell'Enciclopedia Italiana, Roma. ISBN 978-8-81200032-6 Luppi, C. (1890). "Vite di illustri Numismatici Italiani: Ireneo Affò". En Rivista italiana di numismatica. III (I). Páxinas 145-153.
Categoría:Nados en 1741 Categoría:Finados en 1797 Categoría:Nados na provincia de Parma Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Historiadores da arte Categoría:Profesores da Universidade de Parma Categoría:Bibliotecarios Categoría:Franciscanos de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana