A papuxa de Moltoni (Curruca subalpina) é unha pequena especie de papuxa da familia Sylviidae. Recibe o seu nome en lembranza do ornitólogo italiano Edgardo Moltoni.

Reprodúcese en Córsega, Sardeña, áreas costeiras do mar de Liguria e nas illas Baleares.

É unha ave que vive en campos abertos e secos, a miúdo en ladeiras de cuíñas con arbustos para poder nidificar. Constrúen o niño nun arbusto baixo ou toxo, e poñen de 3 a 5 ovos. Como a maioría dos sílvidos, é insectívoro, pero come tamén bagas. Pasa o inverno en Alxeria e a África subsahariana occidental.Moltoni's warbler @ Handbook of Bird Species of the World

Ata hai pouco era considerada unha subespecie da antiga especie Sylvia cantillans, da cal difire por ter un trilo máis curto na súa canción e unha parte ventral máis rosada en vez de laranxa. Posteriormente, Sylvia cantillans foi pasada ao xénero Curruca e subdividida en Curruca cantillans propiamente dita (papuxa balcánica), Curruca iberiae (papuxa carrasqueira) e Curruca subalpina (papuxa de Moltoni).Bernard Volet, « Changement de taxonomie: ornitho.ch passe à la liste de l'IOC [archive] », sur ornitho.ch, 17 de decembro de 2023 (consultado o 9 de xullo de 2024)

O adxectivo específico subalpina é a palabra latina que signiica "baixo as montañas".

Notas

Categoría:Sílvidos Categoría:Animais descritos en 1820