John Stanier, nado o 2 de agosto de 1968 en Baltimore, é un batería estadounidense coñecido polo seu traballo coa banda de metal alternativo Helmet. No presente toca no grupo de rock experimental Battles e anteriormente tamén tocou en Tomahawk e The Mark of Cain, ademais de gravar en varios traballos como músico de estudio.

Stanier ten citado como influencias a Neil Peart de Rush, Holger Czukay de Can, Frank Beard de ZZ Top, Nicko McBrain de Iron Maiden, Chuck Biscuits, as baterías de Barry White e os éxitos de Ohio Players.

Notas

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Baltimore Categoría:Baterías