A Amazonia (en portugués brasileiro Amazônia, en portugués europeo Amazónia; en ou ; en ), coñecida a miúdo como Amazonas, polo nome do río Amazonas, é unha vasta rexión de América do Sur que inclúe a selva amazónica e a súa bacía circundante. As rexións de Güiana e Gran Chaco limitan con ela e tamén teñen bosques húmidos tropicais, polo que son coñecidas como parte da Amazonia.

Extensión esquerda|miniatura|Mapa da ecorrexión da Amazonia segundo a WWF. A Amazonia é a selva tropical máis extensa do mundo.

É unha rexión de 7.000.000 de quilómetros cadrados que se estende por nove países, principalmente no Brasil e o Perú, pero tamén abrangue parte de Colombia, Bolivia, Venezuela, Ecuador, Güiana, Suriname e a Güiana Francesa.

Limita ao sueste coa ecorrexión do Cerrado, con algunhas zonas de transición onde os biomas de ambas ecorrexións se mesturan, especialmente en Estados como Mato Grosso, Pará, Tocantins e Goiás.

Biodiversidade É unha das ecorrexións máis biodiversas do mundo. Ademais, é un gran regulador do ciclo do carbono que afecta o cambio climático, aínda que, segundo a NASA, esa actividade está a minguar. Ao ritmo actual de deforestación, máis da metade da Amazonia poderíase converter nun bioma máis árido con características da sabana.

Notas

Véxase tamén

Patrimonio da Humanidade Selva tropical Bioma Ecorrexión Ecorrexión do Cerrado

Categoría:Xeografía de América do Sur Categoría:Ecorrexións