Lambrini Girls é unha banda inglesa de punk rock formada en Brighton e no presente composta pola guitarrista e vocalista Phoebe Lunny e a baixista e corista Lilly Macieira.

Historia Lambrini Girls foi fundada inicialmente en Brighton pola vocalista Flora Kimberly, a guitarrista e corista Phoebe Lunny, a baixista e corista Fox Foxington Fox e a batería Catt Jack. A banda realizou o seu primeiro concerto en maio de 2019. En outubro de 2020, Kimberly deixou o grupo e Lunny pasou a encargarse das voces. Lilly Macieira uniuse como substituta da baixista orixinal, e Lunny sentiu que coñeceu a súa "parella creativa" en Macieira. Lambrini Girls foi cabeza de cartel dun concerto por vez primeira en outubro de 2020. En 2022 o grupo realizou concertos con artistas como Gilla Band, Shame, Dead Sara, e Pist Idiots.

No ano 2024 Lambrini Girls decidiu retirarse do The Great Escape Festival xa que o patrocinador do evento Barclays estaba na lista BDS.

O primeiro álbum de estudio do grupo, Who Let the Dogs Out, foi lanzado en xaneiro de 2025 a través do selo City Slang.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Who Let the Dogs Out 2025 City Slang

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Brighton Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 2019 Categoría:Bandas de mulleres