NAWI: Dear Future Me é un filme kenyano de 2024 dirixido polos irmáns Toby e Kevin Schmutzler, Apuu Mourine e Vallentine Chelluget e escrito por Milcah Cherotich. Ambientado na rexión de Turkana, en Kenya, o filme segue a loita dunha moza nova contra un matrimonio forzado e a súa procura de educación e autodeterminación.

Foi escollido como candidato de Kenya para o Óscar ó mellor filme internacional na 967ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. A actriz protagonista, Michelle Lemuya Ikeny, gañou o Premio da Academia Africana de Cinema á actriz máis prometedora pola súa intepretación.

Personaxes Michelle Lemuya Ikeny como Nawi Joel Liwan como Joel Ochungo Benson como Eree Ben Tekee como Shadrack Michelle Chebet Tiren como Rosemary Patrick Oketch como Emanikor Nungo Marrianne Akinyi como Mama Ekai Nyokabi Macharia como Madame Christine Sienna Tanayian como Hope

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Kenya propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Kenya Categoría:Filmes rodados en Kenya