Iago Barreiros Núñez, nado en Ponteareas o 5 de xaneiro de 2008, é un futbolista galego que xoga como extremo dereito. Na tempada 2024-25 alterna o equipo do Celta Xuvenil co Celta Fortuna, que milita na Primeira Federación. Traxectoria Barreiros comezou a súa carreira futbolística na categoría mini da Asociación Deportiva Vila do Corpus, club ponteareán resultante da fusión do Ponteareas FC e a Asociación Deportiva O Condado FC. Posteriormente foi recrutado polas categorías inferiores do Celta de Vigo, as cales atravesou até chegar ao Celta Fortuna, o equipo filial. O 8 de decembro de 2024 converteuse no xogador máis novo en marcar un gol co Celta Fortuna, ao anotar con 16 anos de idade e superando os 17 anos que ostentaba o anterior récord.

En setembro de 2024 Barreiros foi convocado pola Selección española de fútbol sub-17, repetindo desde entón ulteriores convocatorias e anotando varios goles co equipo.

Clubs 20x20px Actualizado co último partido disputado o .

Club País Ano Partidos GolesCelta Fortuna2024-act.174

Notas

Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 2008 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Futbolistas de Ponteareas Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Dianteiros de fútbol