miniatura| Modelo espacial 3D de PFOS.|270x270px miniatura| Modelo espacial 3D do sulfonato de perfluorooctano.|270x270px As substancias fluorosurfactantes, polifluoroalquiladas ou perfluoroalquiladas (PFAS), tamén coñecidas como substancias fluoroorgánicas ou "químicos eternos", son compostos químicos organofluorados sintéticos caracterizados por varios átomos de flúor (F) unidos a átomos de carbono (C). Estes compostos teñen unha 'cola' fluorada e unha 'cabeza' hidrófila, e poden ser perfluorados ou polifluorados, o que significa que a cola pode estar total ou parcialmente fluorada (todos os átomos de carbono unidos a flúor ou só algúns deles). Debido á súa estrutura molecular e ao forte enlace CF, os PFAS son extremadamente estables e resistentes á degradación. Como surfactantes, son máis eficaces reducindo a tensión superficial da auga que os tensioactivos baseados en hidrocarburos. Algunhas destas substancias, como o PFOS, foron detectadas en humanos e animais salvaxes.

Investigación En 1997, mentres traballaba para a compañía 3M, a científica Kris Hansen descubriu que as mostras de sangue recollidas por todo Estados Unidos contiñan PFAS, que eran perigosos para a saúde humana e que se converteron nunha presenza constante nos ecosistemas. Hansen revelou que a empresa tentou desacreditar os seus datos e ocultar a toxicidade dos PFAS.

Un estudo do Centro Helmholtz de Investigación Ambiental (UFZ) explorou os efectos nocivos dos PFAS no cerebro, utilizando métodos avanzados de bioloxía molecular e o peixe cebra como organismo modelo. Revelouse que os PFAS poden levar a danos hepáticos, obesidade, trastornos hormonais e cancro, e descubriuse que alteran certos xenes implicados no desenvolvemento cerebral e no comportamento. Utilizando a técnica CRISPR/Cas9, os investigadores determinaron que a exposición a PFAS inducía hiperactividade nos alevíns de peixe cebra, un efecto que cesaba ao retirar os químicos.

Unha investigación transnacional recente desvelou máis de 14.000 documentos que mostran como a industria química encubriu durante décadas a toxicidade dos PFAS, asociados con varios tipos de cancro, infertilidade e unha menor resposta ás vacinas. Ademais, o Ministerio de Sanidade de España está a realizar estudos para detectar a presenza destes químicos en persoas e en auga potable, coa participación de 3.800 voluntarios para medir os químicos de risco acumulados no organismo.

Regulación As medidas reguladoras recentemente implantadas obrigan a todas as empresas de abastecemento de auga potable a controlar os catro PFAS máis perigosos e, a partir de 2025, a suma de 20 PFAS, incrementando os custos de análise e tratamento da auga.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Auga potable Augas escuras Bioacumulación Biomonitorización Contaminación ambiental Depuración de augas residuais Osmose inversa Saúde pública Toxicidade

Ligazóns externas

The Map of Forever Pollution - The Forever Pollution Project (en inglés) The Forever Lobbying Project - The Forever Pollution Project (en inglés)

pl:Perfluorowęglowodory

Categoría:Ambiente Categoría:Organofluoruros