Pterocles é un xénero de aves da familia dos pteróclidos, chamadas gangas ou cortizois. Inclúe todas as especies da familia excepto dúas especies de Asia central do xénero Syrrhaptes (como a ganga das estepas).
Estas gangas teñen cabezas e pescozos pequenos como os das pombas, pero corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e bicudas e ás veces tamén son así as colas. As patas están emplumadas ata as dedas, pero, a diferenza das especies do xénero Syrrhaptes, as dedas non teñen plumas.
As especies de Pterocles teñen un voo rápido e directo, e as bandadas voan ao amencer e solpor ás pozas de auga.
Poñen dous ou tres ovos directamente no chan. Son de cor beixe ou verdoso con marcas crípticas. Todas as especies son residentes.
Taxonomía O xénero Pterocles foi introducido en 1815 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck. O zoólogo inglés George Robert Gray designou despois a ganga de barriga branca (hoxe Pterocles alchata) como especie tipo. O nome do xénero significa 'á espléndida', do grego pteron, 'á' e -klēs, 'notable, espléndida'.
Especies O xénero contén 14 especies existentes: Imaxe Nome común Nome científico Distribución120px ganga de barriga branca Pterocles alchataNorte de África e Oriente Próximo, Turquía, Irán, Iraq e Casaquistán, España, Portugal120px Pterocles namaquaAngola, Namibia, Zimbabwe, Botswana, Lesotho e Suráfrica120px Pterocles exustus África do norte e central e sur de Asia120px Pterocles senegallusMarrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, Sudán, Exipto, Eritrea, Somalia, Etiopía, Xibutí, Mali, Mauritania, Chad e Níxer120px ganga de barriga negra Pterocles orientalisIberia, noroeste de África, as illas Canarias, Turquía, Irán, Chipre e Israel120px Pterocles coronatusNorte de África e Oriente Próximo120px Pterocles gutturalisAngola, Botswana, Eritrea, Etiopía, Kenya, Namibia, Suráfrica, Tanzania, Zambia e Zimbabwe.120px Pterocles burchelli Angola, Namibia, Botswana, Zambia, Zimbabwe e Suráfrica120px Pterocles personatusMadagascar120px Pterocles decoratusEtiopía, Kenya, Somalia, Tanzania e Uganda.120px Pterocles lichtensteinii Alxeria, Chad, Xibutí, Exipto, Eritrea, Etiopía, Libia, Mali, Mauritania, Marrocos, Níxer, Senegal, Somalia, Sudán, Uganda, Irán, Iraq, Xordania, Omán, Paquistán, Palestina, Arabia Saudita, Israel, Emiratos Árabes Unidos e Iemen.120px Pterocles bicinctus sur de África.120px Pterocles indicusBangladesh, India e Paquistán.120px Pterocles quadricinctus África desde Mauritania e Camerún e ao leste ata Sudán e Uganda Ademais, coñécese unha especie fósil, Pterocles bosporanus, do Plistoceno temperán de Crimea.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeos de gangas na Internet Bird Collection
Categoría:Pterocliformes