Rafeef Ziadah, nada en Beirut en 1979, é unha xornalista, poeta e activista dos dereitos humanos nada no Líbano, pero de ascendencia palestina. Foi elixida representante de Palestina nas Olimpiadas de 2012. Traxectoria Pertence á terceira xeración de refuxiados palestinos da súa familia. Cando comezou a invasión israelí do sur do Líbano para expulsar a OLP en 1982, a súa familia optou por emigrar e viaxou durante varios anos, sendo deportada por non ser refuxiados. Ata que se instalou no Canadá para completar o seu doutoramento en Ciencias Políticas na Universidade de York en Toronto . Hoxe a súa sede é Londres e utiliza a poesía "como resistencia fronte a guerra, o exilio, a opresión de xénero e o racismo".

Notas

Categoría:Nados en Beirut

Categoría:Activistas polos dereitos humanos Categoría:Nados en 1979