O Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa foi un certame que convocou o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular entre 1997 e 2006. Características
Ten por obxecto premiar obras narrativas en lingua galega ou lingua portuguesa. Está patrocinado polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e os periódicos La Voz de Galicia e Público. O certame está dotado cunha cuantía económica e coa publicación da obra en galego, portugués e castelán.
Obras premiadas 1997: Geografia do medo, de Francisco Duarte Mangas. 1998: No ventre do silencio, de Xosé Luís Méndez Ferrín. 1999: A loba, de Bento da Cruz. 2000: Ébora, de Xosé Carlos Caneiro. 2002: Voar como os pássaros, chorar como as nuvens, de Rui Herbon. 2003: Protoevanxeo do neto de Herodes, de Bernardino Graña. 2004: deserto por decisión unánime do xurado. 2005: Monbars, o Exterminador, de Hixinio Puentes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bienal de Pintura Eixo Atlántico Premio Literario Nortear
Eixo
Eixo Atlantico