Bobby McFerrin, nado en Manhattan o 11 de marzo de 1950, é un cantante e director de orquestra estadounidense, moi influenciado polo jazz.
É fillo do barítono solista Robert McFerrin, un dos primeiros cantantes de ópera afroamericanos en cantar na Metropolitan Opera de Nova York.
A súa canción "Don't Worry, Be Happy", que aparece na banda sonora da película Cocktail (1988) foi o número 1 das listas estadounidenses. Tamén colaborou con solistas como os pianistas de jazz Chick Corea e Herbie Hancock, co violonchelista Yo-Yo Ma e coa Saint Paul Chamber Orchestra. É coñecido por ter un amplo rango vocal de catro oitavas e pola súa habilidade para usar a súa voz para crear efectos sonoros, como recrear un baixo sobresaturado (con overdrive), que consegue cantando e batendo suavemente o peito.
Discografía
Solista
Bobby McFerrin, 1982 The Voice, 1984 Spontaneous Inventions, 1985 Elephant's Child, 1987 Don't Worry, Be Happy, 1988 Simple Pleasures, 1988 How the Rhino Got His Skin/How the Camel Got His Hump, 1990. Medicine Music, 1990 Many Faces of Bird, 1991 Sorrow Is Not Forever, 1994 Paper Music, 1995 The best of Bobby McFerrin, 1996 Bang! Zoom, 1997 Circlesongs, 1997 Don't Worry, Be Happy, 1997 Mouth Music, 2001 Beyond Words, 2003 Bobby Mcferrin live in montreal, 2005 Konzert Fuer Europa, 2005 Vocabularies, 2010 SpiritYouAll, 2013
Colaboracións
Bobby McFerrin con Jack Nicholson, The Just So Stories, 1987. Bobby McFerrin con Chick Corea, Play, 1990. Bobby McFerrin con Yo-Yo Ma, Hush, 1991. Bobby McFerrin con Chick Corea, The Mozart Sessions, 1996. Bobby McFerrin con Richard Bona, Live in Montreal, 2005.
Grammys
1985 : Grammy ao mellor arranxo vocal para Another Night in Tunisia 1985 : Grammy á mellor interpretación vocal de jazz por Another Night in Tunisia 1986 : Grammy á mellor interpretación vocal de jazz por Round Midnight 1987 : Grammy á mellor interpretación vocal de jazz por What Is This Thing Called Love? 1987 : Grammy ao Mellor Álbum Infantil por Elephant's Child 1988 : Grammy á mellor interpretación vocal de jazz de Brothers 1988 : Grammy á mellor interpretación vocal pop por Don't Worry, Be Happy 1988 : Grammy ao single do ano por Don't Worry, Be Happy 1988 : Grammy á Canción do Ano por Don't Worry, Be Happy 1992 : Grammy á mellor interpretación vocal de jazz por Round Midnight
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web oficial Concerto en Guimarães (youtube.com) Bobby McFerrin mostra o poder da escala pentatónica (YouTube, TEDx)
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Directores de orquestra dos Estados Unidos de América Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Jazz Categoría:Nados en Manhattan