Frederick Martin MacMurray, nado en Kankakee (Illinois) o 30 de agosto de 1908 e finado en Santa Monica (California) o 5 de novembro de 1991, foi un actor estadounidense que participou en máis de cen filmes e series de televisión de éxito nunha carreira profesional que se estendeu desde as décadas de 1930 a 1970.

Traxectoria Tras estudar música, intentou gañar a vida como saxofonista, mais tras unha xira chegou a California, onde abandonou a música para iniciar a súa carreira como actor, primeiro como figurante ata que en 1935 asinou un contrato con Paramount tendo o seu primeiro papel principal en The Gilded Lyly, dirixido por Wesley Ruggles e con grandes estrelas do momento, como Claudette Colbert e Ray Milland.

No seu seguinte filme MacMurray actuou xunto a Katharine Hepburn en Alice Adams, dirixido por George Stevens. Antes de acabar o ano 1935 e a principios de 1936 interveu en dous filmes xunto a outra das grandes estrelas femininas da década, Carole Lombard, en Hands Across the Table de Mitchell Leisen e The Princess Came Across de William K. Howard.

Durante a década de 1930 continuou a participar en comedias, mais a partir de 1940 apareceu tamén en filmes doutros xéneros, como western, drama e cinema negro demostrando a súa versatilidade como actor. Na mesma década destacou noutros filmes dirixidos por Mitchell Leisen como Remember the Night con Barbara Stanwyck, The Lady Is Willing, con Marlene Dietrich, Take a Letter, Darling con Rosalind Russell, e No Time for Love, con Claudette Colbert. Tamén traballou en Too Many Husbands de Wesley Ruggles, con Jean Arthur. Porén, o filme polo que é máis lembrado é Double Indemnity, dirixido por Billy Wilder en 1943, acompañado por Barbara Stanwyck e Edward G. Robinson.

Na década de 1950 a súa estrela foise apagando paseniño e apareceu en producións menores ou en papeis secundarios en filmes grandes. En 1954 actuou en O motín do Caine, de Edward Dmytryk, onde compartiu pantalla con Humphrey Bogart, Van Johnson e José Ferrer. Ese mesmo ano rodou Pushover, de Richard Quine con Kim Novak, en que interpretou unha personaxe similar á de Double Indemnity que realizara once anos antes. En 1955 foi un dos protagonistas de The Far Horizons de Rudolph Maté con Charlton Heston e Donna Reed, onde se recreaba a expedición de Lewis e Clark.

En 1960 actuou en O apartamento, de Billy Wilder, en que MacMurray foi o malvado xefe que se aproveitaba da personaxe interpretada por Jack Lemmon para seducir a ascensorista interpretada por Shirley MacLaine. Nesa década protagonizou varias longametraxes para Disney: The Absent-Minded Professor, a súa secuela Son of Flubber e Follow Me, Boys!, onde interpretou un xefe de boy scouts nunha típica comedia familiar. Finalizou a súa carreira en 1978 co filme O enxame de Irwin Allen.

Despois dunha longa loita contra a leucemia, faleceu aos 83 anos por unha pneumonía en Santa Monica. Foi sepultado no Holy Cross Cemetery de Culver City.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas1929Girls Gone WildExtraSen acreditar1929Why Leave Home?Sen acreditar1929Tiger RoseRancherSen acreditar1934Friends of Mr. SweeneyWalk-on partSen acreditar1935Grand Old GirlSandy1935The Gilded LilyPeter Dawes1935Car 99Trooper Ross Martin1935Men Without NamesRichard Hood / Richard 'Dick' Grant1935Alice AdamsArthur Russell1935Hands Across the TableTheodore Drew III1935The Bride Comes HomeCyrus Anderson1936The Trail of the Lonesome PineJack Hale193613 Hours by AirJack Gordon1936The Princess Comes AcrossJoe King Mantell1936The Texas RangersJim Hawkins1937Champagne WaltzBuzzy Bellew1937Maid of SalemRoger Coverman of Virginia1937Swing High, Swing LowSkid Johnson1937ExclusiveRalph Houston1937True ConfessionKenneth Bartlett1938Cocoanut GroveJohnny Prentice1938Men with WingsPat Falconer1938Sing You SinnersDavid Beebe1939Cafe SocietyCrick O'Bannon1939Invitation to HappinessAlbert 'King' Cole1939Honeymoon in BaliBill 'Willie' Burnett1940Remember the NightJohn Sargent1940Little Old New YorkCharles Brownne1940Too Many HusbandsBill Cardew1940Rangers of FortuneGil Farra1941VirginiaStonewall Elliott1941One Night in LisbonDwight Houston1941Dive BomberJoe Blake1941New York TownVictor Ballard1942The Lady Is WillingDr. Corey T. McBain1942Star Spangled RhythmFrank in Card-Playing Skit1942Take a Letter, DarlingTom Verney1942The Forest RangersDon Stuart1943No Time for LoveJim Ryan1943Flight for FreedomRandy Britton1943Above SuspicionRichard Myles1944Standing Room OnlyLee Stevens1944And the Angels SingHappy Morgan1944Double IndemnityWalter Neff1944Practically YoursDaniel Bellamy1945Where Do We Go from Here?Bill Morgan1945Captain EddieEdward Rickenbacker1945Murder, He SaysPete Marshall1945Pardon My PastEddie York / Francis Pemberton1946SmokyClint Barkley1947Suddenly, It's SpringPeter Morely1947The Egg and IBob MacDonald1947SingaporeMatt Gordon1948On Our Merry WayAl1948The Miracle of the BellsBill Dunnigan1948An Innocent AffairVincent Doane1949Family HoneymoonGrant Jordan1949Father Was a FullbackGeorge Cooper1950BorderlineJohnny McEvoy – aka Johnny Macklin1950Never a Dull MomentChris1951A Millionaire for ChristyPeter Ulysses Lockwood1951Callaway Went ThatawayMike Frye1953Fair Wind to JavaCaptain Boll1953The MoonlighterWes Anderson1954O motín do CaineTom Keefer1954PushoverPaul Sheridan1954Woman's WorldSid Burns1955The Far HorizonsCaptain Meriwether Lewis1955The Rains of RanchipurThomas "Tom" Ransome1955At GunpointJack Wright1956There's Always TomorrowClifford Groves1957Gun for a CowardWill Keough1957QuantezGentry / John Coventry1958Day of the BadmanJudge Jim Scott1959Bo día para a forcaMarshal Ben Cutler1959The Shaggy DogWilson Daniels1959Face of a FugitiveJim Larsen aka Ray Kincaid1959The Oregon TrailNeal Harris1960O apartamentoJeff D. Sheldrake1961The Absent-Minded ProfessorProfessor Ned Brainard1962Bon Voyage!Harry Willard1963Son of FlubberNed Brainard1964Kisses for My PresidentThad McCloud1966Follow Me, Boys!Lemuel Siddons1967The Happiest Millionaire Antony Drexel-Biddle1973Charley and the AngelCharley Appleby1978O enxameMayor Clarence Tuttleinal film role

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas MacMurray Ranch timeline (documents MacMurray's involvement with the ranch)

Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Illinois Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Paseo da Fama de Hollywood