Josefina Cardona i Bosch, nada en Valencia en 1957, e finada ibídem o 2 de febreiro de 2022, foi unha poeta valenciana máis coñecida como Fina Cardona. Malia a súa breve produción poética, é considerada unha das voces máis salientables da lírica feminina en catalán de finais do século XX.
Traxectoria Estudou Historia e Xeografía na Universidade de Valencia, onde se licenciou cunha mención en Arte. Pouco despois comezou a dar clases como profesora de catalán nun instituto público.
Cardona irrompe no panorama literario a finais da década dos 70 co poemario Plouen pigues (1978), editado por Edicions 3 i 4 e cun prólogo de Vicent Andrés Estellés. A obra foi finalista nos Premios Octubre. A súa escolma de versos, titulado Pessigolles de palmera (1981), editado por Llibres del Mall e prologado por Maria del Mar Bonet, situouna sendo nova como unha das figures literarias máis prometedoras desa xeración literaria valenciana.
O cantautor Carles Barranco, quen casou con Cardona, musicou o seu poema Miralls.
Ao longo da súa carreira dirixiu e treballou como guionista en programas de TVE, TVV e Ràdio 9. Publicou artigos de opinión en El País e Qué y Dónde, onde asinaba a sección Entrevistas desde el Congo. No momento da súa morte escribía unha columna semanal no xornal dixital Valencia Plaza.
Notas
Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1957 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia