miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade na República Democrática do Congo, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A República Democrática do Congo ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 23 de setembro de 1974, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: da República Democrática do Congo Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01 Parque Nacional de Virunga 150px Kivu Norte e Ituri 1979 63; vii, viii, x (natural) O Parque Nacional de Virunga abrangue unha cadea activa de volcáns nas Montañas Rwenzori, as máis altas das cales alcanzan os 5.000 m e están cubertas por glaciares permanentes. Forman parte do Rift de África Oriental. Cunha gran variedade de hábitats diferentes, dende bosques afromontanos ata marismas, estepas e bosques de terras baixas, é rico en biodiversidade e alberga especies como o gorila de montaña (na imaxe), o gorila das terras baixas do leste, o chimpancé, gran cantidade de hipopótamos, así como especies en perigo de extinción como o ocapi e o Cephalophus rubidus. Dende 1994, o sitio foi catalogado como en perigo por mor das ameazas á vida salvaxe, incluíndo a caza furtiva e a deforestación.02 Parque Nacional de Garamba 150px Alto Uele 1980 136; vii, x (natural) O parque atópase na transición entre os bosques tropicais e a sabana sudanesa occidental. Abrangue un mosaico de hábitats, incluíndo sabana, bosque de ribeira, pantanos e pradeiras. Os grandes mamíferos do parque inclúen o elefante, a xirafa, o hipopótamo, o león, a hiena pinta e varias especies de antílopes. No momento da inscrición, o parque foi o fogar da última poboación salvaxe do rinoceronte branco do norte (posiblemente extinguido en estado salvaxe agora). Por mor das ameazas para os rinocerontes pola caza furtiva, o sitio foi catalogado como en perigo en 1984. A medida que a situación mellorou, foi eliminado da lista en 1992 e despois volveu de novo en 1996 cando se retomou a caza furtiva.03 Parque Nacional de Kahuzi-Biega 150px Kivu Norte e Kivu Sur 1980 137; x (natural) Situado no Rift de África Oriental, o parque está cuberto principalmente por bosque tropical que alberga o gorila das terras baixas do leste en perigo de extinción, así como primates ameazados como o chimpancé, colobus, Allochrocebus lhoesti e Cercopithecus hamlyni. Outros mamíferos do parque inclúen o Hylochoerus meinertzhageni, Genetta piscivora, Genetta victoriae e bongo. O parque comprende hábitats subalpinos nas ladeiras de dous volcáns extintos. Dende 1997, o sitio foi catalogado como en perigo debido á inestabilidade política da rexión, á afluencia de refuxiados e ao aumento da explotación da vida salvaxe.04 Parque Nacional de Salonga 150px Tshuapa, Sankuru, provincia de Kasai e provincia de Mai-Ndombe 1984 280; viii, ix (natural) O parque nacional abrangue áreas grandes, na súa maioría inalteradas, e en gran parte inaccesibles cubertas de selvas tropicais, marismas e bosque de ribeira. Algunhas partes nunca foron exploradas cientificamente. O parque está composto por dous treitos diferenciados, polo que no futuro haberá que estabelecer corredores de conexión entre eles. Algúns dos animais que viven no parque inclúen o bonobo, o Afropavo congensis, o elefante africano de bosque e o Mecistops leptorhynchus. De 1999 a 2021, o sitio foi catalogado como en perigo debido ao aumento da caza furtiva, a invasión ilegal e o impacto do conflito armado.05 Reserva de fauna de ocapis 150px Alto Uele e Ituri 1997 718; x (natural) A reserva de vida salvaxe está situada na selva de Ituri. Como refuxio do Plistoceno, o bosque contén densos bosques perennes e semiperennes dominados por árbores Mbau (Gilbertiodendron dewevrei). É o fogar do ocapi (un espécime na imaxe), así como de seis especies de duiker, Genetta piscivora, Genetta victoriae e 17 especies de primates, incluíndo o chimpancé. A reserva tamén alberga os pobos pigmeos mbuti e efé. Dende 1997, o sitio está catalogado como en perigo debido á caza furtiva, o saqueo e a extracción ilegal de ouro na zona.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país Ligazóns externas Páxina da República Democrática do Congo na World Heritage Convention, da UNESCO