Jacobo Copa Chas, nado na Coruña o 15 de febreiro de 2006, é un xogador de hóckey a patíns galego, que milita no Liceo da Coruña, da OK Liga.

Traxectoria Fillo do histórico xogador do Dominicos e do Liceo da Coruña Juan Copa, seguiu os pasos de seu pai e comezou a xogar ao hóckey a patíns na canteira do Dominicos. Pasou polas diferentes categorías inferiores do club e en outubro de 2021 debutou co primeiro equipo na OK Liga Prata, sendo o xogador de menos idade da categoría. No equipo da Cidade Vella da Coruña coincidiu con xogadores como o internacional Martín Payero, 29 anos máis vello que el.

Habitual nas convocatorias das categorías inferiores da selección española, axiña se converteu na maior promesa do hóckey galego, e en 2024, aos 18 anos de idade, fichou polo Liceo, da OK Liga. No club verde e branco, adestrado por seu pai, coincidiu tamén co seu padriño, Pablo Cancela.

Selección española Internacional coas diferentes categorías da selección española, conquistou coa sub-17 o Campionato de Europa da categoría en dúas ocasións (2021 e 2022). Na segunda delas exerceu como capitán e foi elixido no cinco ideal do torneo. En 2023 disputou o Europeo sub-19, conseguindo a medalla de prata tras perder a final contra Portugal.

No verán de 2024 capitaneou a selección española sub-19 no Campionato do Mundo celebrado en Novara, guiando o seu equipo á vitoria final. Marcou catro goles durante o torneo, incluído un de falta na final ante Portugal.

Palmarés Liceo Copa do Rei (1): 2026.

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 2006 Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Galicia Categoría:Xogadores do A.A. Dominicos Categoría:Xogadores do H.C. Liceo