Tomás Domínguez Arévalo, nado en Madrid o 26 de setembro de 1882 e finado en Villafranca, Navarra o 10 de agosto de 1952, foi un nobre e político español de ideoloxía carlista tradicionalista máis coñecido polo seu título nobiliario de conde de Rodezno.
Traxectoria thumbnail|160px|esquerda|Seu pai foi un destacado líder carlista, un dos reorganizadores do carlismo tras a Terceira guerra carlista miniatura|esquerda|Arévalo entre os deputados carlistas asistentes a unha reunión con Beatriz de Borbón en 1918 miniatura|esquerda|O conde de Rodezno nunha celebración dos cabaleiros da Orde de Malta co nuncio en España en 1928 miniatura|Súa nai, María de Arévalo y Fernández Navarrete era a condesa titular de Rodezno
Seus pais eran Tomás Domínguez Romera, XI Marqués de San Martín, e María de los Dolores de Arévalo y Fernández de Navarrete, VI Condesa de Rodezno, de orixe navarra. Pola parte paterna procedía de dúas grandes familias de propietarios, os Domínguez e máis os Trigueros, orixinarios da localidade andaluza de Carmona, seu avó, José Domínguez Trigueros, fora alcalde da súa localidade natal e seu pai era un dirixente carlista, que tras residir un tempo en París como exiliado aveciñouse en Madrid, e traballou na reorganización da Comuñón Carlista e foi deputado en Cortes. Pola parte materna descendía da familia navarra-rioxana dos Arévalo, seu avó Justo Arévalo Escudero fora deputado en Cortes e senador.
Tomás estudou cos xesuítas no Colexio de San Isidoro de Madrid e logo fixo dereito na Universidade de Madrid, entre os seus profesores estaba o líder carlista Matías Barrio y Mier e durante os seus anos académicos fixo amizade cos carlistas Jaime Chicharro e Luis Hernando de Larramendi . En 1904 acadou a licenciatura en dereito. Publicou a súa primeira obra en 1909 que tiña por título Los Teobaldos de Navarra: ensayo de crítica histórica, dedicado os gobernantes medievais navarros e nos anos seguintes publicou varios artigos históricos e xenealóxicos en revistas especializadas. En 1913 deu ao prelo De tiempos lejanos. Glosas históricas. [Navarra] nos que xuntou varios artigos sobre feitos históricos pero con feituras literarias.
Comezo da actividade política
Comezou a súa andaina política como alcalde de Villafranca. Presentou a súa candidatura como xaimista para o Congreso nas eleccións xerais de 1916 polo distrito de Agoitz en Navarra, onde seu pai fora deputado en Cortes dende 1905 e desta volta decidira non concorrer, e aínda que nun primeiro momento a opción elixida fora a de Joaquín Argamasilla , ao final o candidato xaimista foi seu propio fillo que residía noutro distrito electoral, no de Tafalla. Tivo como contrincante a Lorenzo Oroz Urniza, un liberal independente ao que tamén apoiaron os datistas. A vitoria, por estreita marxe, foi para Tomás Domínguez. En 1917 casou con Asunción López-Montenegro y García Pelayo, que procedía dunha familia de terratenentes aristocráticos orixinarios de Cáceres. Na súa tentativa de salvagardar unha posición autónoma para os carlistas Fal Conde pretendía establecer unha academia militar propia, algo que Rodezno apoiaba pero non do xeito unilateral que Fal Conde queríaPeñalba Sotorrío 2013, p. 34. Franco, por medio do xeneral Dávila, comunicoulle a Fal Conde en decembro de 1936 que lle daba 48 horas para ir ao exilio fóra de España ou enfrontarse a un consello de guerra , algúns autores especulan que quizais a forte reacción de Franco non era tanto librarse de Fal Conde como substituílo por un máis compracente Rodezno. Os carlistas convocaron un cumio de urxencia e aínda que os rodeznistas apoiaron a alternativa do exilio o propio conde de Rodezno máis tarde intentou que Franco reconsiderase a súa decisión.
Unificación miniatura|Rodezno con outros líderes carlistas en Burgos en 1937 miniatura|esquerda|Reunión en 1937 en Ínsua (Portugal) entre o rexente e os máximos dirixentes carlistas, entre eles Rodezno Con Fal Conde no exilio e o liderado político, do rexente Xavier, en Francia, Rodezno emerxeu como a máxima figura carlista dentro de España e pese os intentos de Fal Conde dende o exilio de arredalo, mesmo pensando nunha misión diplomática no Vaticano dende xaneiro de 1937 Rodezno e outros altos dirixentes carlistas viron como os militares e os falanxistas intentaban aproximarse a eles para formar un partido único e Rodezno e outros líderes carlistas reuníronse tres veces entre febreiro e abril para tratar do tema. O 12 de abril Rodezno acudiu, dende as súas propiedades en Cáceres, a Burgos para se reunir con FrancoMaximiliano García Venero, Historia de la Unificacion, Madrid 1970, p. 86. Presionados polos militares, el e os dirixentes próximos, aceptaron a unificación, sen entusiasmo, xa que Franco deixara claro que non ía ser transitoria, senón definitiva mentres os falcondistas optaban pola intransixencia e como a executiva formal do partido, a Xunta Nacional, estaba en descomposición a rodeznista Xunta Central Carlista de Guerra de Navarra asumiu un papel dominante polo que a balanza caeu cara a unificación. Os carlistas presentárona como un xeito de construír un novo Estado, católico, social e rexionalista, xa que Rodezno vía posible a construción dunha organización estatal que recoñecera as peculiaridades rexionais e aínda a mediados de 1937 facía chamamentos para non volver ao centralismo liberal e en última instancia co formato dunha monarquía tradicionalistaPeñalba Sotorrio 2013, p. 45e aínda que moitos carlistas puideran pensar que iso significaba a instauración dunha dinastía carlista, tamén podía dar nun acordo cos afonsinos, mesmo con Franco como rexente de Xoán de Borbón.
Rodezno foi un dos catro carlistas que entrou no secretariado político, formado o 22 de abril, da nova formación política, a Falange Española Tradicionalista,Garcia Venero 1970, p. 109. Os outros eran Luis Arellano, Tomás Dolz de Espejo e José María Mazón Sainz dun total de 10 membrosCantabrana Morras 2004, p. 167Garcia Venero 1970, p. 109 e aínda que falanxistas de primeira hora como Girón estaban descontentos coa composición e actuación deste órgano, con moi poucos que sentiran "fielmente o espírito do noso Movemento".Peñalba Sotorrio 2013, p. 83 Rodezno e os outros carlistas só souberon do programa do partido só unha vez se anunciaron os seus 21 puntos e inmediatamente demostraron certo malestar, porén asegurou a Rodezno que a doutrina tradicionalista se incorporaría ao novo partido no seu díaPeñalba Sotorrio 2013, p. 54. As relacións de Rodezno con Fal Conde e o rexente Don Xavier permaneceron moi tensas, sen chegar á ruptura total aínda que ambos os dous o considerasen un rebelde á cabeza do seu propio grupoMartorell Pérez 2008, p. 41 considerándoo un dos máximos responsables da actitude de rebeldía que mantiña o carlismo navarro fronte á autoridade de don Xavier".Aurora Villanueva Martínez, Organización, actividad y bases del carlismo navarro durante el primer franquismo [in:] Gerónimo de Uztáriz 19 (2003), p. 101. Os esforzos de Rodezno para lograr a autorización do rexente non produciron efecto e nos meses seguintes colaborou nun proceso de unificación que foi máis unha absorción ca unha fusión Martorell Pérez 2008, p. 11 con continuas protestas das bases carlistas polo que consideraban total predominio e arrogancia dos camisas azuis . En outubro de 1937 Franco designou os membro do primeiro Consello Nacional e o secretariado político cesou nas súas funciónsPeñalba Sotorrio 2013, p. 81. No novo órgano de dirección os carlistas só tiñan 11 de entre 50 membros. aínda que outros estudosos aumentan a cifra a 13 e malia o chamamento de Fal Conde para que refusar o ofrecemento, Rodezno aceptou o posto no seo do Consello Nacional, o que levou a que o rexente o expulsase do carlismo en decembro dese ano.
Os motivos desta actuación de Rodezno non están claros, para alén de acusacións partidistas de venderse por unhas poucas alcaldías navarras Clemente 2011, p. 232quizais pesase o temor a que as divisións internas no campo sublevado podería levar á derrota na guerra. tamén podería ser que nunca fose un carlista xenuíno e as súas posturas estivesen en realidade máis próximas ás dun monárquico conservador Dronda Martínez 2013, p. 95. Outros investigadores argúen que el era un posibilista, que non vía a posibilidade dos carlistas tomaren o poder en solitario e precisaban dunha alianza con outros sectores, que levasen a unha nova plataforma monárquica, que asumise o máximo posible do tradicionalismo , hainos tamén que pensan que Rodezno consideraba o novo sistema emerxente fundamentalmente en liña coa visión carlistas e que non pagaba a pena ser marxinado por discrepancias de segunda ordeVillanueva Martínez 2003, p. 99. Finalmente, hai autores que cren que non se daba conta da gravidade do momento e da natureza totalitaria do novo partido, arredada do que no seu momento fora a Unión Patriótica da pasada ditadura, que podería permitir ao carlismo manter a súa propia identidade e así logo de coñecer o anuncio do programa da FET, principalmente unha copia dos 27 puntos orixinais da Falanxe, Rodezno visitou a Franco para lle comunicar o seu desgusto.Peñalba Sotorrio 2013, p. 54 e despois de tres meses cesou de asistir ás xuntanzas do secretariado da FETPeñalba Sotorrio 2013, p. 133.
Franquismo miniatura|Acto de 1938 en Bilbao como ministro de xustiza por mor da celebración do primeiro aniversario da entrada dos sublevados na cidade En xaneiro de 1938 formou parte do primeiro gabinete franquista, pasando a ocupar a carteira de Xustiza con sede na cidade de Vitoria, que incluía xustiza, rexistros, notariado, cárceres e asuntos eclesiásticos. Durante o seu mandato derrogou a lexislación laica da II República para sentar as bases da ditadura franquista. Modificou o Código Penal, reincorporou os antigos xuíces nos seus cargos, reconstruíronse os Rexistros da Propiedade, derrogou as disposicións relativas ao matrimonio civil e á condición das mulleres casadas e restaurou a Compañía de Xesús. Aínda que o labor o completou o seu sucesor foi Rodezno quen asegurou que a igrexa retomara o seu tradicional papel clave en diversos dominios, especialmente na educación, e que se restableceran as boas relacións entre a igrexa e o Estado. Durante o exercicio do seu cargo tivo que superar a resistencia falanxista e eludir os seus principais representantes Jordana e Yanguas. Rodezno foi ademais ministro de xustiza un período de represión bélica, as purgas neste tempo de guerra baseábanse en bases legais vacilantes e resultaron en certa de 72000 execucións aínda que é difícil establecer ata que punto Rodezno puido ser responsable, a meirande parte caían na xurisdición militar e foron antes da súa chegada ao posto, e das aproximadamente 51 000 sentenzas de morte administradas durante os primeiros anos da posguerra;Payne 2012, p. 245 a maioría levaban a sinatura de Esteban Bilbao, ministro de xustiza entre 1939 e 1943. E mesmo, cando se discutiu o proxecto de Lei de responsabilidades políticas en 1938, o ministerio de xustiza encabezado polo conde de Rodezno foi moi crítico co texto, estimando que non se podía castigar a simple adhesión, só actuacións concretas ou omisións graves e manifestouse en contra do propio título do proxecto de lei, propoñendo o título de Lei de reparacións civís ao Estado . Non obstante, a norma promulgouse o 9 de febreiro de 1939 e publicouse no BOE o 13 dese mesPreston, Paul. The Spanish Civil War. Reaction, Revolution & Revenge. Harper Perennial. 2006. London. p. 296 e arredor de 100 000 prisioneiros políticos había en España antes do conde de Rodezno cesar como ministro en agosto de 1939.