Òscar Camps Gausachs, nado en Barcelona en 1963, é un socorrista, activista e empresario catalán, coñecido principalmente por ser o fundador e director da ONG barcelonesa Proactiva Open Arms.

Foi nomeado Europeo do Ano 2019 pola revista estadounidense Reader's Digest en recoñecemento ao seu "gran labor humanitario, ao rescatar a máis de 59.000 migrantes desesperados das augas do Exeo e o Mediterráneo nos últimos tres anos e medio". Foi tamén galardoado co premio Catalán do Ano en 2015.

Traxectoria Nado en Barcelona, Òscar Camps era o propietario dunha empresa de socorrismo estabelecida en Badalona, Pro-Activa Serveis Aquàtics, que se adicaba aos servizos marítimos, concretamente na seguridade acuática e o socorrismo. No contexto da crise dos refuxiados, no marco da guerra civil siria, cando milleiras de persoas perdían a vida intentando chegar a Europa, Camps decidiu desprazarse a Lesbos, unha illa grega situada preto de Turquía, para avaliar a situación sobre o terreo. O evento clave que o motivou a poñerse en movemento foi a publicación das imaxes do cadáver de Aylan Kurdi, un neno de tres anos que morreu afogado intentando facer a travesía coa súa familia.'Òscar Camps: socorrismo sin fronteras' Como a empresa tiña moita experiencia en vixilancia de praias, el e uns cantos compañeiros decidiron aplicar os seus coñecementos en socorrismo para colaborar no rescate dos refuxiados que tentaban chegar á Unión Europea a través do mar Exeo.'Un grupo de socorristas españoles rescata a tres refugiados junto a Lesbos''Un equipo de socorristas españoles salvan vidas de refugiados a diario en las costas de la isla de Lesbos'

Así, en setembro de 2015 decidiu fundar a ONG Proactiva Open Arms, financiada con 15.000 euros que Camps tiña aforrados,'El socorrista de Badalona que salva vidas en el Egeo' e destacando un grupo de voluntarios na illa, entre os que se atopaba Òscar, para colaborar nos labores de rescate. Nun principio, o único material do que dispoñían eran varios traxes de neopreno, aletas e tubos de respiración. As principais actividades do grupo eran guiar e axudar a chegar ás praias aos refuxiados, principalmente sirios, que viñan dende Turquía en embarcacións moi fráxiles.'La labor humanitaria de Pro-Activa, el mejor ejemplo de solidaridad ante la crisis migratoria' Porén, co tempo o equipamento dispoñible foi mellorando, principalmente grazas ás doazóns provenientes de particulares.'Socorristas catalanes rescatan a 242 personas naufragadas en Lesbos (Grecia)'

Grazas ao seu labor, varios medios españois e europeos fixéronse eco da actividade de Camps e da ONG en Lesbos, principalmente grazas á súa visibilidade en fotografías colgadas en Internet. Porén, a popularidade en Cataluña chegoulle grazas á emisión en TV3 do documental To Kyma. Rescat al mar Egeu, dirixido por Arantza Díez e David Fontseca e producido por La Kaset Ideas Factory, onde se seguía a actividade do grupo en diversas accións na illa grega.'Los ángeles de Lesbos' O 2 de marzo de 2016, grazas a esta popularidade, Camps e Proactiva puideron visitar o Parlamento Europeo, onde falaron en nome dos refuxiados.

O 1 de marzo de 2016 fíxeose público que Òscar Camps era un dos finalistas ao Premio Catalán do Ano de 2015, galardón que entrega anualmente e por votación popular, El Periódico de Cataluña, e que recoñecera anteriormente a personalidades como Ernest Lluch ou Pep Guardiola.'El Català de l'Any 2015 presenta la llista dels seus candidats' O 30 de marzo, o xornal catalán anunciou que Camps pasara á fase final do concurso, xunto co escritor Josep Maria Espinàs e o cantante Pau Donés.'El Català de l'Any entra en la recta final' Finalmente, o 7 de abril, na gala anual de entrega do premio, anunciouse que Camps fora o gañador do concurso.'En el nombre de Aylan'

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Activistas de Cataluña