Fedrelandet é un filme documental noruegués de 2023 escrito e dirixido por Margreth Olin. No filme, Olin segue ao seu pai de 85 anos durante un ano na contorna natural de Oldedalen en Vestland, onde creceu. O filme tivo a súa estrea mundial durante o festival de cinema documental CPH:DOX en Dinamarca o 18 de marzo de 2023, e nos cinemas de Noruega o 1 de setembro dese mesmo ano.
Foi escollido como candidato de Noruega para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O filme retrata a viaxe existencial de Olin co seu propio proxenitor envellecido no pano de fondo das paisaxes montañosas de Noruega durante un ano. É unha obra cinematográfica sobre a vida, a morte, a natureza e sobre simplemente estar presente no mundo. O amor e a lealdade de toda a vida dos pais de Olin son un testemuño silencioso de como os arredores e o espazo interior resoan entre si.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Noruega propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua norueguesa Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes dirixidos por Margreth Olin Categoría:Filmes rodados en Noruega