A bandeira de Minnesota é a bandeira estatal do estado dos Estados Unidos de Minnesota. A nova versión da bandeira, foi adoptada oficialmente o 11 de maio de 2024, logo de que a orixinal recibise cada vez máis críticas. Por unha banda había unha crítica á súa ilexibilidade, e por outra banda amosaba unha visión negacionista do asentamento de colonos europeos que agochaba o violencia cometida contra os pobos indíxenas. En 2023, a Lexislatura de Minnesota creou unha comisión para redeseñar a bandeira e o selo de Minnesota. O 19 de decembro de 2023, a comisión seleccionou un deseño que substituíu a bandeira dende o 11 de maio de 2024.

O deseño orixinal da bandeira presentaba unha versión modificada do selo de Minnesota estampada nun campo azul e foi adoptada en 1893, xusto antes da participación do estado unha exposición na feira Mundial de Chicago de 1893. Esa versión foi significativamente revisada en 1957 e recibiu unha actualización menor en 1983.

miniatura|250px|Versión da primeira do estado de Minnesota entre 1983 e 2024, co selo centrado no medio do campo azul. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Minnesota Flag Statute The Origin of the Minnesota State Flag North Star Flag Website The New Official Flag and Great Seal

Categoría:Bandeiras introducidas en 2024 Categoría:Bandeiras estatais dos Estados Unidos de América