Hey Duggee é unha serie británica de animación dirixida a nenos de preescolar entre os dous e os cinco anos. Foi creada por Grant Orchard, e producida por Studio AKA en asociación con BBC Studios (anteriormente BBC Worldwide). A serie é narrada por Alexander Armstrong.
Produción O programa está animado usando o programa de ordenador Flash, cun estilo minimalista que utiliza formas cheas sen contornos, e só efectos propios de Flash, e só o personaxe de Duggee usa degradados habitualmente. Por exemplo, se hai un personaxe con forma de ra, adoita ter a aparencia dun triángulo verde liso.
O equipo de produción está formado por uns 16 animadores internos, con entre seis e oito guionistas.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014 Categoría:Series de televisión do Reino Unido