José Antonio González Braña, nado en Vilanova de Ozcos o 5 de maio de 1968, é un político e empresario asturiano que ocupou a alcaldía de Vilanova durante sete mandatos (1991-2019) con maioría absoluta en todos eles.
Traxectoria Despois de facer en Xixón estudos de administración de empresas, promoción e xestión, tras as eleccións municipais de 1991 -as primeiras ás que se presentou- converteuse no alcalde máis novo de España, encabezando a candidatura do PSOE. En 2019 retirouse da política, e substituíuno na alcaldía Abel Lastra Bravo, asemade do PSOE.
Algúns dos fitos no seu dilatado mandato á fronte do concello sitúanse na creación de infraestruturas de comunicación ou a mellora da rede viaria, a potenciación de servizos á sociedade, dende a atención a maiores á educación, pasando por os servizos sanitarios ou a construción dun polideportivo cuberto ou a piscina. Asemade, impulsou a instalación de empresas na zona, como a única estación de servizo en moitos quilómetros á redonda durante moito tempo. Durante o seu mandato tamén os Ozcos en conxunto (Vilanova, en conxunto don Santalla e San Martín) foron recoñecidos como 'Lugar exemplar de Asturias'. A liña básica de actuación no seu mandato, xunto co benestar da poboación, foi o combater o despoboamento.
Notas
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Alcaldes de Asturias Categoría:Nados en Asturias