Matthew Le Geyt (en jèrriais: Matchi L'Gé), nado en 1777 e finado en 1849, foi o primeiro poeta en publicar unha obra impresa na lingua jèrriais.
Traxectoria Matchi L'Gé naceu en Saint Helier, mais viviu tamén en Trinity, onde traballou como vingtenier (un tipo de policía). É coñecido por publicar, en 1795, o primeiro poema impreso en jèrriais.
Obra O tema principal da súa poesía é a política. A súa obra é difícil de ler, xa que escribía foneticamente. Porén, isto permite contemplar a evolución da súa pronuncia co tempo.
Notas
Categoría:Finados en 1849 Categoría:Nados en 1777 Categoría:Escritores en lingua normanda