A Real Forza Aérea de Noruega (noruegués: Luftforsvaret) é a forza aérea do Reino de Noruega. Estableceuse como un brazo separado das Forzas Armadas de Noruega o 10 de novembro de 1944. En tempos de paz a Luftforsvaret ten uns 2 400 empregados (oficiais, persoal alistado e civís). 600 efectivos tamén cumpren o seu período de reclutamento na Forza Aérea. Despois da mobilización podería estar formada por uns 5 500 efectivos.
A infraestrutura da Forza Aérea está formada por sete bases aéreas (en Ørland, Rygge, Andøya, Evenes, Bardufoss, Bodø e Gardermoen), un centro de detección e control (en Sørreisa) e tres centros de adestramento (en Værnes, Kristiansand e Stavanger).
Aeronaves miniatura|241x241px|F-35 Lightning II dereita|miniatura|241x241px|AgustaWestland AW101 dereita|miniatura|242x242px|C-130J
Inventario actual AviónOrixeTipoVarianteEn servizoNotasAvión de combateF-35 Lightning IIEstados Unidosfurtivo multirolF-35A3412 pedidosPatrulla marítimaP-8 PoseidonEstados UnidosASW / patrulla5TransporteC-130J Super HerculesEstados Unidostransporte tácticoC-130J-304HelicópterosBell 412Estados Unidosutilitario189 van ser actualizados e trasladados a Bardufoss.Sikorsky SH-60Estados UnidosASW / patrullaMH-60R6 pedidos - substituto do NH90AgustaWestland AW101Reino Unido / ItaliaSAR / utilitario151 on order - Sea King replacementAdestradoresSaab MFI-15 SafariSueciaAdestrador básico16F-35 Lightning IIEstados UnidosadestradorF-35A6Providing conversion training at Luke AFB NOTA: Noruega participa en tres programas da OTAN que lle proporcionan acceso a un Airbus A330 MRTT, 3 C-17 e 5 RQ-4D Phoenixs. Ademais, un Boeing 737-700 de Scandinavian Airlines está configurado para voos de evacuación médica e é operado polas Forzas Armadas de Noruega e a Dirección de Saúde do país.
Notas
Categoría:Forzas aéreas Categoría:Noruega