Xia Wanchun (chinés tradicional e simplificado: 夏完淳; pinyin: Xià Wánchún; Wade-Giles: Hsia4 Wan2-ch'un2), nado o 4 de outubro do 1631 e finado o 16 de outubro do 1647, foi un poeta e soldado de finais da dinastía Ming (1368-1644). Neno prodixio, faleceu aos 17 anos de idade durante as invasións manchús que derrocaron aos Ming.
Traxectoria Xia Wanchun foi recoñecido como poeta dende moi novo. Comezou a escribir aos 7 anos, e foi discípulo de Chen Zilong (1608-1647). Aos 9, xa sabía compoñer fu no estilo antigo. Os seus poemas ci son famosos polo seu "entusiasmo e pathos".
Aos 15 anos alistouse no exército para enfrontarse aos Qing, xunto co seu pai, Xia Yunyi (1596-1645). Sobre os soldados dos Ming caídos, escribiu: "Os sabios dispérsanse como as nubes, o estado está en ruínas! Compuxen dezaoito jueju cun espírito que excede ao de calquera longo lamento". Do mesmo xeito que o seu pai, foi executado polos soldados manchús.
Poema de despedida O seu poema de morte ten moita sona. Nel, reflexiona sobre a guerra e a proximidade do seu falecemento. A peza é a seguinte:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Finados en 1647 Categoría:Nados en 1631 Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China