Henri Joseph Sauvaire, nado en Marsella o 15 de marzo de 1831 e finado en Montfort-sur-Argens, Var, o 4 de abril de 1896, foi un epigrafista, numismático e fotógrafo francés, coñecido principalmente polos seus estudos e as súas investigacións orientalistas.
Traxectoria Henri Sauvaire nado en Marsella en 1831, desenvolveu case toda a súa carreira profesional en Oriente, comezando como empregado da chancelaría francesa en Alexandría en 1857,Schlumberger, G. (1896). Páxina 151."Sauvaire, Henri Joseph". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr). e logo en Beirut en 1859. Tamén estivo en Damasco como comisario francés en Siria no momento dos masacres de 1860 no Líbano e en Siria. En 1863, participou na misión do duque de Luynes ao Mar Morto, na súa condición de arabista e fotógrafo.Tréhin, J-Y. (2008). Páxina 870.Véxase "(1867)" na sección "Publicacións".Le Duc de Luynes (1874). Voyage d'exploration a la Mer Morte,a Petra et sur la rive goche du Jourdan. Bertrand, París.
En 1865 foi nomeado primeiro dragomán de Alexandría. En 1866 participou na campaña de restauración da cúpula do Santo Sepulcro de Xerusalén. Familiarizado cos estudos orientais de historia e arqueoloxía, reuniu unha gran colección de manuscritos árabes. En 1876 foi enviado a Marrocos, primeiro a Casablanca —onde ocupou o cargo de vicecónsul— e despois a Tánxer.
Logo da súa xubilación en 1883, instalouse no castelo de Robernier, en Montfort-sur-Argens, e desde alí dedicouse á investigación sobre diferentes aspectos da cultura musulmá, en parte baseándose na abundante documentación manuscrita que reunira durante a súa traxectoria profesional en Oriente. Como resultado destas investigacións, publicou, entre outras, unha serie de memorias no Journal asiatique, que posteriormente foron publicadas como monografía en tres volumes entre 1882-1888, acerca da metroloxía e a numismática musulmás, que culmina cun estudo sobre a economía financeira dos estados musulmáns no derradeiro volume.Schlumberger, G. (1896). Páxina 152.Véxase "(1882-1888)" na sección "Publicacións".
Outro dos seus proxectos editoriais máis salientables foi a tradución dun tratado árabe medieval sobre a historia de Damasco, publicado tamén no Journal Asiatique, entre 1894 e 1896, que supón non só unha fonte de coñecemento histórico senón unha das primeiras manifestacións da epigrafía árabe, unha disciplina pouco desenvolvida ata o momento.Véxase "(1894-1896)" na sección "Publicacións".
Sauvaire recibiu en 1895 o título Cabaleiro da Lexión de Honra, e en 1889 foi elixido membro correspondente da Académie des inscriptions et belles-lettres de París.
As súas numerosas fotografías tomadas en Siria, en Turquía e en cidades como Beirut, Damasco, Constantinopla e Hebrón son de grande interese e consérvanse en París, no Museo de Orsay."Henry Sauvaire (1831 - 1896)". Musee-orsay.fr
Henri Sauvaire finou o 4 de abril de 1896 en Montfort-sur-Argens, departamento de Var.
Publicacións Esta é unha escolma das publicacións de Henri Sauvaire:
(1860). "La plus ancienne monnaie arabe d'Abdul-Malek". En Revue de la Numismatique Belge. 3ª serie. Tomo IV. Páxinas 325-327. (1867). De Kerak à Chaubak, Extrait du journal de Voyage (con Christophe Mauss). Martinet, París. (1876). El Fatawa 'l Khayryeh. Les Fetwas de Khayr-ed-Dyn. Imprimeur du Comerce, Alexandría. (1876). Histoire de Jérusalem et d'Hébron depuis Abraham jusqu'à la fin du xve siècle. Leroux, París. (1882). Droit Musulman (rite hanafite). Barlatier-Frissat, Marsella. (1882-1888). Matériaux pour servir à l’histoire de la numismatique et métrologie Musulmanes. Vol. I(1882); Vol. II (1885); Vol. III (1888). Imprimerie Nationale, París. (1884). Voyage en Espagne d'un Ambassadeur marocain (1690-1691). Leroux, París. (1893). Sur une mère d'astrolabe arabe du XIIIe siècle (609 de l'Hégire) (con M. J. de Rey). Imprimerie Nationale, París. (1894-1896). "Description de Damas". En Journal asiatique. 9ª serie. Société Asiatique. Imprimerie Nationale, París. (1894) Tomo III. Marzo-abril (páxinas 251-318), maio-xuño (páxinas 385-501). (1894) Tomo IV. Setembro-outubro (páxinas 242-331), novembro-decembro (páxinas 460-503). (1895) Tomo V. Marzo-abril (páxinas 269-315), maio-xuño (páxinas 377-411). (1895)Tomo VI. Setembro-outubro (páxinas 221-313), novembro-decembro (páxinas 409-484). (1896) Tomo VII. Marzo-abril (páxinas 185-285), maio-xuño (páxinas 369-459).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Schlumberger, G. (1896). "Éloge funèbre de M. Henri-Joseph Sauvaire, correspondant de l'Académie". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. Tomo XXIV. Marzo-abril. Páxinas 151-152.
Tréhin, J-Y. (2008). "Sauvaire, Henri Joseph". En Pouillon, F. (ed.). Dictionnaire des orientalistes de langue française. Páxinas 869-870. Karthala. ISBN 978-2-8111-0790-1
Categoría:Nados en Marsella Categoría:Nados en 1831 Categoría:Finados en 1896 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Fotógrafos de Francia Categoría:Epigrafistas Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Diplomáticos de Francia Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra