Sergio Ayala López, nado en Sant Feliu de Llobregat o 19 de marzo de 1993, é un futbolista español que xoga como defensa central no Cornellà, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do FC Barcelona, na que ingresou aos sete anos de idade. En xuño de 2012 foi subido ao Barcelona B e ese mesmo verán saíu cedido ao Deportivo Alavés para a tempada 2012/13.

Na tempada 2013/14 xogou cedido no Valencia Mestalla, ao que se incorporou definitivamente en xullo de 2014. Posteriormente xogou no Sint-Truidense VV belga, antes de regresar a España en 2018, cando fichou polo FC Cartagena. A continuación pasou polo Salamanca, o San Fernando e o Cornellà.

Notas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Sant Feliu de Llobregat Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Sint-Truidense VV Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Salamanca CF UDS Categoría:Xogadores do San Fernando CD Categoría:Xogadores da UE Cornellà