250px|thumb|right|Vista posterior do Ferrari 512 S Modulo. O Ferrari 512 S Modulo é un prototipo de automóbil deseñado por Pininfarina para a marca de automóbiles italiana Ferrari, que se presentou no Salón do Automóbil de Xenebra de 1970. O Modulo foi ben recibido polos críticos e gañou 22 premios polo seu deseño.Prototipos olvidados: Ferrari Modulo (1970). Es.motor1.com.
Deseño Baseado nun 512 S de competición, o Ferrari 512 S Modulo ten unha carrozaría extremadamente baixa (só 93 centímetros de altura) cun deseño de teito con cuberta deslizábel cara a adiante para permitir a entrada ao interior (unha única porta, denominada porta tipo cúpula). As catro rodas do vehículo están parcialmente cubertas. Outra característica especial do deseño é que consta de vinte e catro buracos na cuberta do motor situada na parte traseira, os cales permiten ver o motor.
Mecánica O motor do Modulo é un Type 261C DOHC de 12 cilindros en V a 60°, con 4994 cc (5,0 L) e unha potencia de 550 CV (410 kW) a 8500 rpm. Ten unha caixa de cambios manual con 5 velocidades.
Notas
Categoría:Modelos de Ferrari