Óscar Senra Gómez, nado en Sanxenxo en 1976, é un divulgador cultural e escritor galego.
Traxectoria Licenciouse en Ciencias Sociais pola Universidade Aberta de Lisboa. Na actualidade, dedícase á divulgación cultural na cooperativa de Santiago Maos Innovación Social.
Traduciu con Sandra Senra Gómez varios libros de literatura infantil para Kalandraka, como As tres curuxiñas (2017) ou Os esqueletos divertidos (2018), entre outros.
Obra
Dixie em Wonderland (2018), co nome Dixie Fredberg. Santiago: Através Editora Sete dias com Elisa (2020). Santiago: Através Editora. 178 páxs. ISBN 978-84-16545-47-6. O novelo (2021). Concello de Santiago-Edicións Positivas.100 páxs. ISBN 978-84-123257-8-2. 1928 km (2021). Santiago: Através Editora. 146 páxs. ISBN 978-84-16545-60-5. André (2024). Santiago: Através Editora. ISBN 978-84-16545-90-2.
Obra colectiva
A derrota do Scórpio: Un paseo por Santiago con Ricardo Carvalho Calero (2019), xunto con María Abelleira Fontán e Xosé Antón G. Serén. Concello de Santiago.
Notas
Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Sociólogos de Galicia