Blanco y Negro foi unha revista ilustrada editada en Madrid, fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse, canda o ABC, na base do grupo Prensa Española. A revista, que tivo varias épocas de publicación, na última delas foi distribuída como suplemento de ABC, cesou definitivamente en 2000.

Historia Foi fundada en 1891 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Máis adiante converteuse en base da editorial Prensa Española, que tamén publicou o xornal ABC.Iglesias, Francisco: Historia de una empresa periodística, Prensa Española, 1891-1978. Madrid, Prensa Española, 1980 O éxito da revista motivou a creación posterior do diario, de carácter monárquico.

O seu primeiro director foi Eduardo Sánchez de Castilla, aínda que cedo, o 28 de febreiro de 1892, foi relevado polo propio Luca de Tena.

Os rotativos da súa tirada atopábanse no Edificio ABC da rúa Serrano de Madrid. A publicación presentaba a novidade das ilustracións e gozou de gran prestixio polos seus artigos e colaboracións literarias, tendo no seu inicio tiradas próximas aos 20 000 exemplares. Foi a primeira publicación periódica española en utilizar a cor e o papel couché.Escolar, Hipólito. Historia del Libro, p. 572. Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 1988 O 12 de maio de 1912 publicou a primeira fotografía en cor da prensa en España.A fotografía se titulaba "La primera lección" e amosaba un violinista aprendendo a unha nena a tocar o violín. En ABC (Cultura), 12/5/2003

Entre 1891 e 1939 editouse de forma continuada. Volveu reaparecer en 1957 como publicación independente, etapa que se prolongou ata 1980. En 1988 reapareceu como suplemento dominical do xornal ABC, ata o seu cesamento definitivo en outubro de 2000. Máis adiante publicouse un suplemento semanal de ABC co nome Blanco y Negro Cultural, que en 2005 pasou a chamarse ABCD Las Artes y Las Letras, tamén semanal.

Primeira etapa (1891-1939) A revista, que publicou unha serie de almanaques anuais, competiu durante estes anos con outras revistas ilustradas como La Ilustración Española y Americana e Nuevo Mundo.

Durante esta etapa participaron, no aspecto gráfico, viñetistas e humoristas gráficos como Ramón Cilla, Mecachis, Rojas, Joaquín Xaudaró, Teodoro Gascón, Ángel Pons, Sileno ou Melitón González, ademais doutros artistas como Primitivo Carcedo, Eulogio Varela, José Arija, Giuseppe Eugenio Chiorino, Enrique Martínez Echevarría, Adolfo Lozano Sidro, Manuel Benet, Baldrich, José Loygorri, Máximo Ramos, Santiago Regidor, Joaquín Araujo Ruano, Pedro de Rojas, Mariano Pedrero, Julio Gros, Ángel Díaz Huertas, Narciso Méndez Bringa, José García y Ramos, Enrique Estevan y Vicente, Tomás Muñoz Lucena, Cecilio Plá, Francisco Sancha Lengo, Inocencio Medina Vera, Carlos Vázquez Úbeda, Manuel García y Rodríguez, Serafín Avendaño, Alfredo Souto Cuero, Federico Ribas, José Blanco Coris, Juan Martínez Abades, José Moreno Carbonero, Emilio Sala ou Ángel Andrade, que ilustraron as súas páxinas ao longo deses anos. miniatura|250px|Obra de Máximo Ramos, publicada en Blanco y Negro en 1903. Durante a guerra civil foi incautada polo goberno republicano.Artigo de Julián Marías nun dos últimos números desa época en Proyecto filosofía en español

Segunda etapa (1957-1980) Como semanario independente. Case ao mesmo tempo que a revista xuvenil madrileña 3 amigos, edita por primeira vez en España "As aventuras de Tintín": Obxectivo: a Lúa (11 de maio de 1957 - 19 de outubro de 1957); Explorando a lúa (5 de abril de 1958 - 8 de novembro de 1958); Tintín no Congo (24 de xaneiro de 1959 - 5 de setembro de 1959); A estrela misteriosa (24 de outubro de 1959 - 28 de maio de 1960); Tintín no país do ouro negro (4 de xuño de 1960 - 14 de xaneiro de 1961); O cetro de Ottokar (21 de xaneiro de 1961 -9 de setembro de 1961).Aventuras en prensa, "Catálogo de Tintín en España", 2011 .

Terceira etapa (1988-2000) Como dominical de venda xunto ao diario ABC desde o 6 de marzo de 1988.Anuncio del primer número como publicación dominical el 5 de marzo de 1988 Incluía Gente Menuda como suplemento dirixido aos nenos. O último número recollido na hemeroteca de ABC para a revista Blanco y Negro é do 29 de outubro de 2000.

Colaboradores literarios Ao longo da súa historia acumulou un amplo libro de sinaturas de colaboradores literarios. Desde representantes da aristocracia nacional, como Hilda de Toledano (pseudónimo literario de María Pía de Sajonia-Coburgo Braganza) ou a novelista Emilia Pardo Bazán,Freire, Ana María. Hispanoamérica en la visión de Emilia Pardo Bazán (un asunto de familia) en Biblioteca Vitual Cervantes ata membros da xeración do 98 como Azorín, los Machado, Manuel Abril ou Francisco Villaespesa,Lozano Marco, Miguel Ángel. Las colaboraciones de Azorín en "Blanco y Negro": El camino hacia "España: Hombres y paisajes" (1909) en España contemporánea: Revista de literatura y cultura, Tomo 3, Nº 1, 1990, pp. 25-46 pasando por especialistas infantís como Elena Fortún, que estreou en Blanco y Negro o seu personaxe infantil "Celia" un 24 de xuño de 1928.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Blanco y Negro na hemeroteca de ABC

Categoría:Revistas españolas do século XIX Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas editadas en Madrid Categoría:Revistas en lingua castelá