Eunectes akayima é unha especie de boa de América do Sur e da illa caribeña de Trinidad. É unha das especies máis grandes, pesadas e longas no mundo. Como todas as boas, é unha constritora non velenosa.

Esta nova especie describiuse en 2024, logo de descubrir que era xeneticamente distinta de Eunectes murinus.

Etimoloxía O termo akayima co que se nomeou a especie provén das linguas caribes locais e pódese traducir como "serpe grande".

Taxonomía Usando mostras de sangue obtidas de exemplares de anacondas verdes en liberdade e catividade, en 2024 as investigacións demostraron que a anaconda verde do norte (Eunectes akayima) é xeneticamente diferente da anaconda común (Eunectes murinus), coa que comparte hábitat en latitudes máis meridionais. A diferenza de aproximadamente 5,5% no ADN mitocondrial fixo que as poboacións do norte fosen recoñecidas como unha especie separada.

Descrición Eunectes akayima foi descrita como unha das serpes máis pesadas e longas do mundo.

Distribución e hábitat Eunectes akayima atópase no norte de América do Sur. Aínda non se coñece a área de distribución precisa, pero segundo as mostras tomadas, a especie atópase en Venezuela, Güiana Francesa, Suriname, Güiana, Ecuador, norte do Brasil e a illa de Trinidad.

Notas

Categoría:Serpes de América do Sur Categoría:Réptiles de Venezuela Categoría:Réptiles de Trinidad e Tobago Categoría:Réptiles de Güiana Categoría:Réptiles de Ecuador Categoría:Réptiles de Colombia Categoría:Réptiles do Caribe Categoría:Fauna do Amazonas Categoría:Animais descritos en 2024