A campá de Huesca ou A lenda do rei monxe é un óleo sobre lenzo pintado por José Casado del Alisal no ano 1880. O cadro recrea o intre final da lenda da Campá de Huesca, cando o rei Ramiro II de Aragón amosou aos nobres do seu reino as testas cortadas e dispostas en forma de campá dos nobres que desafiaran a súa autoridade.

José Casado del Alisal obtivo unha mención honorífica con esta obra na Exposición Nacional de Belas Artes de España de 1881, séndolle concedida ademais a gran cruz da Orde de Isabel a Católica, aínda que xa era comendador de número da Orde de Carlos III. E un ano despois, en 1882, o lenzo foi adquirido polo Estado español pola cantidade de 35.000 pesetas.

O lenzo pertence á colección do Museo do Prado, aínda que se atopa depositado e exponse no Concello de Huesca dende o ano 1950.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Cadros do Museo do Prado Categoría:Obras pictóricas de 1880