A revolta agrícola europea, tamén coñecida como protestas agrícolas en Europa, son unha serie de protestas que están a ocorrer desde decembro de 2023. O motivo das protestas remóntase á práctica de políticas ambientais e económicas restritivas europeas, debido a que, segundo algúns agricultores, estas mesmas políticas dedicáronse durante anos a beneficiar exclusivamente a grandes explotacións sen apenas valorar o traballo, achega e dedicación dos traballadores agrícolas.
Estas políticas favorecen á produción en masa e importacións desde países non desenvolvidos ou en vías de crecemento como o son Ucraína, zonas de América do Sur e África, ou desde coalicións económicas como o Mercosur. Tamén se puxeron en práctica medidas que a base de restricións e sancións deterioran o traballo de campo tradicional optando por unha produción agrícola baseada noutros conceptos sostibles e progresistas.4 Isto desembocou nunha gran serie de revoltas das cales aínda se espera unha resposta por parte dos comités encargados do ámbito agrícola europeos e os gobernos nacionais que xestionaron as nomeadas medidas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Protestas agrícolas en Alemaña (2023-2024) Protestas agrícolas en España (2024)
Categoría:Unión Europea Categoría:2023 Categoría:2024