Hou Yifan (chinés simplificado: 侯逸凡; pinyin: Hóu Yìfán), nada en Nanjing, Jiangsu o 27 de febreiro de 1994, é unha xogadora de xadrez chinesa e, desde setembro de 2015, número 1 - entre as xogadoras de xadrez en activo - na clasificación feminina da FIDE.
Traxectoria
Carreira no xadrez Obtivo o título de Gran Mestra Feminina (WGM) en 2007. Desde agosto de 2008, tamén ostenta o título de Gran Mestre de Xadrez. (GM). Ao recibir o título, Hou converteuse na muller máis nova do mundo en obter o título de GM, clasificándose aos 14 anos, 6 meses e 2 días.
Hou derrotou á súa compatriota Ruan Lufei, en Antioquía, Turquía, no Campionato do Mundo de Xadrez Feminino de 2010, facendose co título de campioa, sendo a máis nova da historia, tanto da categoría feminina como masculina. Despois gañou o Campionato do Mundo Feminino de xadrez en 2011, 2013 e 2016, pero perdeu o título en 2017. No seu momento álxido, ocupou o posto 55 na lista de clasificación da FIDE de maio de 2015.
Xunto a Vera Menchik, Nona Gaprindashvili, Maia Chiburdanidze e Judit Polgár, está considerada unha das mellores xogadoras de xadrez, e das poucas en superar os 2600 puntos ELO.
Expresou a súa disconformidade co sistema de encontros para o Campionato mundial, e desde 2018, está "semixubilada" do xadrez profesional.
Docencia Desde 2020 é profesora na Universidade de Shenzhen.
Recoñecementos WGM máis nova en recibir o título, superando a Koneru Humpy. GM máis nova en recibir o título. Persoa máis nova en gañar o Mundial de Xadrez. Unha das 100 mulleres da lista da BBC de 2017. Docente máis nova en acadar ese cargo na Universidade de Shenzhen.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Hou, Yifan (fide.com) Xogos de Yifan Hou
Categoría:Grandes Mestres de xadrez Categoría:Nados en 1994 Categoría:Xadrecistas da China