Alejandro Galindo Valencia, coñecido como Ale Galindo, nado en El Puerto de Santa María o 9 de agosto de 1995, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Cádiz CF e na tempada 2012/13, con 17 anos, formou parte do Cádiz B na Terceira División. Despois de dúas tempadas no filial, na tempada 2014/15 incorporouse ao primeiro equipo na Segunda División B.
O 30 de xaneiro de 2015 fichou polo Sevilla Atlético, da Segunda División B, aínda que acabou xogando co segundo filial na Terceira División. Nos seguintes anos xogou en Segunda B, vestindo as camisetas do San Fernando, a UD Sanse e o Badalona. En 2021 pasou a militar na nova Primeira División RFEF, nas filas do Costa Brava primeiro e máis tarde no Murcia e no Fuenlabrada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .
Categoría:Nados en El Puerto de Santa María Categoría:Nados en 1995 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Cádiz CF B Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores do CF Badalona Categoría:Xogadores do UE Llagostera Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada