María Janet Novás Rodríguez, coñecida como Janet Novás, nada no Porriño en 1982, é unha bailarina e actriz galega que obtivo o premio Goya á mellor actriz revelación de 2023 (en 2024).

Traxectoria Formouse en danza contemporánea en Madrid, Bruxelas e Berlín. En 2001 estableceuse en Madrid e desde 2008 creou coreografías e bailou en distintos festivais de danza e de artes escénicas de Europa e América. Ten colaborado en espectáculos con Mercedes Peón e coa compañía Voadora (Marta Pazos). Tamén se dedica á docencia da danza.

Como actriz, Novás debutou protagonizando o filme O corno, dirixido por Jaione Camborda, que obtivo a Cuncha de Ouro ao mellor filme do Festival de Cinema de Donostia. Por este papel obtivo o premio Goya á mellor actriz revelación en 2023 (entregado en 2024).

Filmes O corno (2023). La buena hija (2026)

Notas

Categoría:Actores do Porriño Categoría:Bailaríns Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1982 Categoría:Gañadores dos Premios Goya