María Isabel Outeiriño Rodríguez, coñecida como Maribel Outeriño, nada en Ourense en 1944, é unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria Filla de Alejandro Outeiriño Rodríguez e Rocío Rodríguez Fernández. Estudou nas Teresianas e Xornalismo na Escola Oficial de Periodismo de Madrid e Historia de América (Filosofía e Letras).

Foi conselleira e colaboradora de La Región de Ourense, xornal ao que estivo ligada sempre familiar e laboralmente. Ten colaborado en Radio Nacional de España, Atlántico Diario. Foi comisaria dunha exposición sobre a Xeración Nós.

Obra

Lauro Olmo (1995). Xunta de Galicia. 61 páxs. ISBN 978-84-453-1268-1.

Ourense, 31 marzo 1881, 18:00 horas (2008). Deputación Provincial de Ourense. 148 páxs. ISBN 978-84-96503-22-9. El Camino Mozárabe a Santiago. Prolongación de La Vía de la Plata (1999). De Sevilla a Santiago por el Camino Mozárabe (2011). Asociación de Amigos Vía da Prata de Ourense. 128 páxs. ISBN 9788461387151. Anuncios (2014). Elena Outeiriño Meana. 200 páxs. ISBN 978-84-616-7142-7.

Compilación: Del Orense antiguo y otras colaboraciones: Ramón Otero Pedrayo en La Región (1958-1960) (2019). Deputación de Ourense. 448 páxs. ISBN Premios Premio Trasalba 2024, polo seu interese na recollida das publicacións realizadas por Otero Pedrayo en La Región.

Vida persoal É irmá de Belén e José Luís Outeiriño Rodríguez, presidente de La Región.

Notas

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1944 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Premio Trasalba