O Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendiente é realizado todos os anos no día 24 de xaneiro e celebra as moitas culturas vibrantes do continente africano e das diásporas africanas en todo o planeta, reforzando o mandato da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) de promover o respecto pola diversidade cultural e a creatividade humana a nivel mundial. Sendo unha rica fonte do patrimonio partillado do mundo, a promoción da cultura africana e afrodescendente é fundamental para o desenvolvemento sustentábel, o respecto mutuo, o diálogo e a paz.
A UNESCO aprobou o 24 de xaneiro como o Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendente na 40ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO en 2019. Esta data coincide coa aprobación da Carta para o Renacemento Cultural Africano en 2006. polos xefes de Estado e de Goberno da Unión Africana. A celebración deste día tamén pretende promover a ratificación e aplicación o máis ampla posíbel desta Carta Africana dos Dereitos Humanos e dos Pobos, reforzando así o papel da cultura na promoción da paz no continente.
Este día está en consonancia coa década das persoas afrodescendentes, período comprendido entre 2015 e 2024, co lema “Recoñecemento, xustiza e desenvolvemento” (resolución 68/237), pola que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas reafirmou o importancia da contribución das culturas africanas, tan ricas como diversas, á construción dun mundo próspero.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Día Internacional para Lembrar a Trata de Escravos e a súa Abolición Escravitude Escravitude en África Raza negra Racialización Racismo Regra dunha gota
Ligazóns externas (en portugués) (Vídeo en YouTube) Fundação Cultural Palmares.
Categoría:UNESCO Categoría:Cultura de África Categoría:Celebracións do día