The Monk and the Gun é un filme butanés de 2023 escrito, coproducido e dirixido por Pawo Choyning Dorji. Está protagonizado por Tandin Wangchuk, Deki Lhamo, Pema Zangmo Sherpa, Tandin Sonam, Harry Einhorn, Choeying Jatsho, Tandin Phubz, Yuphel Lhendup Selden e Kelsang Choejay. É unha coprodución entre Bután, Francia, os Estados Unidos e Taiwán.

Foi escollido como candidato de Bután para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, chegando a clasificarse na lista curta de decembro.

Sinopse Ambientado no ano 2006, o Reino de Bután busca converterse nunha democracia e para iso deciden facer unhas eleccións. Como exercicio de adestramento, os funcionarios gobernamentais organizan unhas eleccións simuladas. Na vila de Ura, un vello lama ordena a un monxe que consiga un par de armas para afrontar o cambio inminente do reino. Mentres tanto, un coleccionista estadounidense de armas antigas desembarca en Bután na procura dun valioso rifle que caeu nas mans do monxe.

Personaxes Harry Einhorn como Ron Colman Tandin Wangchuk como Tashi Deki Lhamo como Tshomo Pema Zangmo Sherpa como Tshering Yangden Tandin Sonam como Benji Choeying Jatsho como Choephel Tandin Phubz como Phurba Yuphel Lhendup Selden Kelsang Choejay

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bután propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua dzongkha Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Bután Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Taiwán Categoría:Filmes sobre relixión Categoría:Filmes sobre eleccións Categoría:Filmes ambientados en 2006 Categoría:Filmes rodados en Bután Categoría:Filmes ambientados en Bután