O Grupo dos 77, abreviado como G77, creado o 15 de xuño de 1964, é un agrupamento de 135 estados en desenvolvemento, deseñado para promover os intereses económicos dos seus membros e crear unha maior capacidade de negociación conxunta nas Nacións Unidas. Os membros fundadores da organización, con sede en Xenebra, foron 77, mais dende entón, o número aumentou ata chegar aos 135 membros actuais.

No 2024, e sucedendo a Cuba, o estado africano de Uganda ostenta a presidencia.

Categoría:1964

Categoría:Xeopolítica Categoría:Organizacións internacionais Categoría:ONU